José de Acosta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José de Acosta
JoseDeAcosta.gif
Nacemento1539, c. 1 de outubro de 1540 e 1540
Lugar de nacementoMedina del Campo
Falecemento15 de febreiro de 1600, 1600 e 1616
Lugar de falecementoSalamanca
NacionalidadeEspaña
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade de Alcalá
Ocupaciónmisioneiro, historiador, predicador, teólogo, escritor e profesor universitario
Na rede
Galiciana: 13879
editar datos en Wikidata ]

José de Acosta, nado en Medina del Campo en 1540 e finado en Valladolid o 15 de febreiro de 1600, foi un xesuíta, antropólogo e naturalista español que desempeñou importantes misións en América desde que, en 1571, viaxara ao Perú. Sostiña, entre outras cousas, que os indíxenas americanos chegara a América a través de Siberia.[1]

Á parte da narración das aventuras dun leigo nas Indias (Peregrinación del hermano Bartolomé Lorenzo), é famoso sobre todo pola súa Historia natural y moral de las Indias, obra publicada en Sevilla en 1590 e pronto traducida ao inglés (en 1604). En dita obra describiu os costumes, ritos e crenzas dos indios de México e Perú.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeira páxina da Historia natural y moral de las Indias de José de Acosta.

Fillo de Antonio de Acosta e Ana de Porres, a súa familia (de probábel orixe xudeoconversa) pertencía á burguesía mercantil de Medina del Campo. Estudou no Colexio da Compañía de Xesús, tras ingresar como novizo aos doce anos, desenvolvendo a súa formación en diversas cidades españolas e portuguesas, rematándoa nos sete anos que pasou na universidade de Alcalá.

Ordenado sacerdote en 1566, impartiu docencia en Ocaña e Plasencia, até que aos seus trinta e dous anos, a Compañía solicitoulle que fora a América, trasladándose ao Perú a mediados de 1572 como parte da terceira misión enviada polos xesuítas ao vicerreinado.

Alí colaborou co vicerrei Francisco Álvarez de Toledo e realizou un importante labor misional, chegando a ser provincial da Compañía. En 1586 marchou cara á Nova España, onde estivo case un ano, regresando finalmente a España.

A súa proximidade ao rei Filipe II permitiulle publicar a súa primeira obra sobre América, De Natura Novi Orbis, en 1589. Viaxou a continuación a Roma e imprimiu algúns tratados en latín. Nomeado visitador da súa orde en Andalucía e Aragón, regresou a Roma en 1592 onde participou na V Congregación Xeral da Compañía de Xesús, na que foi acusado de "cristián novo" e rebelde.

Dedicado á predicación e á ensinanza en Valladolid, imprimiu os seus mellores sermóns en tres tomos en Salamanca. Reivindicado polos seus compatriotas, foi elixido reitor do Colexio de Salamanca, cargo no que faleceu aos cincuenta e nove anos.

Obra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Olson, Steve. Mapping Human History.Houghton Mifflin. 2002. ISBN 978-0-618-35210-4

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Maria Luisa Rivara de Tuesta: José de Acosta (1540-1600) en "Historia natural y moral de las Indias y la renovación del conocimiento del cosmos, del mundo y del Nuevo Mundo". Boletin del Instituo Riva Agüero, nº 34 (2007-2008).
  • Fermín del Pino: "La elite indígena como aliada del nuevo imperio católico: la estrategia jesuita de Acosta" en Revista histórica, Tomo 44 (2009-2010).
  • Juan Dejo Bendezu, S.J. (2008): "José de Acosta y la construcción de la identidad misionera jesuita en el Perú". [1]