José Seijo Don
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Vilanova, España |
Morte | 1948 A Ermida, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
José Seijo Don, coñecido como Seixo, nado en Vilanova (San Pedro de Nós, Oleiros) e finado na Ermida (Culleredo) cara a 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Albanel, de militancia cenetista. Na noite do 10 de xullo de 1939, un grupo formado polos anarquistas José Garrido Pasandín, o seu fillo Eduardo Garrido Otero e José Seijo Don eliminaron ao falanxista e axente do Servicio de Información y Policía Militar (SIMP) José Barcia Rioboó, na Barcala. Xulgados na causa 711/39 xunto con Andrea e Encarnación García Veiga, José Garrido e o seu fillo foron condenados a morte e executados o 23 de outubro de 1940, Encarnación e Andrea foron condenadas a dez e oito anos de prisión como encubridoras.[1] José Seijo foi sobresido. Posteriormente ingresou na guerrilla.
En 1948, un grupo comandado por José María Castelo Mosquera e do que formaban parte Rosendo Sar, José Antonio Cortiñas Blas e Manuel Ramiro Souto, que se dirixían cara aos montes da Laracha, atoparon a José Seijas. Castelo conminóuno a acompañalos e cando chegaron ao lugar da Ermida (Celas) disparoulle un tiro na cabeza.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 23-10-1940, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Martínez, Lupe (2023). Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia. pp. 457–458. ISBN 978-84-1176-172-7.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- José Seijo Don na páxina web Nomes e Voces.