Saltar ao contido

José Pedro Croft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Pedro Croft

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1957 Editar o valor en Wikidata (66/67 anos)
EducaciónEuropean Ceramics Work Center (en) Traducir (1991–1991) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo 's-Hertogenbosch Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónartista de instalacións, escultor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1981 Editar o valor en Wikidata - 2018 Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteAllgemeines Künstlerlexikon (pt) Traducir, (p.vol. 22 (1999), p. 387) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1186807

José Pedro Croft, nado no Porto en 1957, é un artista portugués. A súa obra ten unha especial referencia na arquitectura, a través da organización do espazo formal e do concepto de monumento e a súa deconstrución. Reside en Lisboa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Parque de Escultura Contemporánea, Vila Nova da Barquinha.

Realizou o curso de Pintura entre 1976 e 1981 na antiga Escola Superior de Belas Artes de Lisboa, integrada posteriormente na Universidade de Lisboa,[1][2] cidade na que reside desde adolescente, cando se mudou coa súa familia despois dunha breve estadía na Galiza.

É contemporáneo de Pedro Calapez, Pedro Cabrita Reis e Ana Léon, tendo exposto xunto con eles. En tempos de estudante foi un dos impulsores da revista Arte Opinião [3] (1978-1982).

Durante os anos 80 traballou moito na escultura en pedra, baixorrelevo e modelaxe, sendo moi influenciado por João Cutileiro con quen colaborou nos primeiros anos de traballo. Esta fase artística súa estivo moi ligada á imaxe da morte e da tumba. Despois comezou a explorar un aspecto arquitectónico, onde prima a escala humana, modelando arcos e columnas mediante a acumulación de pezas e residuos industriais.

Na década dos 90 incorporou pezas cotiás ás súas obras, como cadeiras e mesas, creando volumes ordenados para producir recordos e probar a estabilidade, o peso e a súa disposición. Máis tarde introduce o espello e a fragmentación dos obxectos, creando así unha nova espacialidade a través da deconstrución.

Ao longo dos anos acadou un importante status no panorama artístico nacional e internacional, tendo participado en varias exposicións internacionais, realizando exposicións individuais na Fundación Calouste Gulbenkian (1994) e unha retrospectiva no Centro Cultural de Belém (2002).

Distincións

[editar | editar a fonte]

O 10 de xuño de 1992 foille concedido o título de Cabaleiro da Orde Militar de Sant'Iago da Espada.[4]

  1. "José Pedro Croft". MIEC (en portugués). Consultado o 2024-09-06. 
  2. "Belas Artes". ulisboa.pt. Consultado o 6 de setembro de 2024. 
  3. Rita Correia (16 de maio de 2019). "Ficha histórica:Arte Opinião (1978-1982)" (PDF). Consultado o 22 de Maio de 2019. 
  4. "Cidadãos Nacionais Agraciados com Ordens Portuguesas". Resultado da busca de "José Pedro de Castro Croft de Moura". Consultado o 2019-07-18. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]