José María Massó García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José María Massó García
Nacemento31 de decembro de 1899
Lugar de nacementoBueu
Falecemento1981
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
IrmánsGaspar Massó García
editar datos en Wikidata ]

José María Massó García, nado en Bueu o 31 de decembro de 1899 e finado en 1981, foi un empresario, escritor, fotógrafo e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Gaspar Massó Ferrer, da terceira xeración da empresa conserveira Massó. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi un dos principais represores de Bueu.[1] Logo do cesamento do alcalde Perfecto García Lemos polo gobernador civil foi nomeado alcalde de Bueu tomando posesión o 24 de xaneiro de 1939.[2] Permaneceu no cargo ata 1971 e foi deputado provincial. Apartou ao seu irmán Gaspar da máxima responsabilidade da empresa e da súa xestión, converténdose en xerente. Grazas os seus contactos co poder político ampliou o seu imperio empresarial, recibiu a concesión para a posta en marcha das factorías baleeiras de Caneliñas e Morás e expandiu a empresa coas fábricas de conservas de Barbate e Avilés.

Vinculado cos deportes e co estudo de temas relacionados co mar, publicou Barcos en Galicia. De la prehistoria hasta hoy del Miño al Finisterre, e realizou un estudo arqueolóxico, xeográfico e histórico de Bueu e da súa comarca. Creou o Museo do Mar en Bueu co seu irmán Gaspar.


Predecesor:
Perfecto García Lemos
 Escudo de Bueu.svg
Alcalde de Bueu
 
1939 - 1971
Sucesor:
José Benito Otero Baena

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1929 con María de los Ángeles Bolívar Sequeiros, filla de Tomás Bolívar Massó.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]