Perfecto García Lemos
Perfecto García Lemos | |
---|---|
Lugar de nacemento | Bueu |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e xornalista |
Pai | Perfecto García Nogueira |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Perfecto García Lemos, nado en Bueu, foi un político e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Perfecto García Nogueira. Na República militou no Partido Galeguista.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Bueu a finais de 1937. Foi cesado no cargo polo gobernador civil en xaneiro de 1939, logo dunha denuncia e enfrontamento cun axente da Policía Marítima do Distrito de Bueu.[2] Foi Xefe local do Movimiento até 1966,[3] e en 1971 foi elixido vicepresidente do Consello local do Movimiento.[4] Foi correspondente de El Pueblo Gallego en Bueu, correspondente de banca e presidente do Club Deportivo Bueu.
Predecesor: Camilo Davila Davila |
![]() Alcalde de Bueu 1937 - 1939 |
Sucesor: José María Massó García |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en xaneiro de 1935 con Josefa Puig Davila,[5] e foi pai de Perfecto (Tuco), Maribel e Fernando García Puig.