Arturo Sánchez Cidrás
(2020) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 22 de xullo de 1950 Seixo |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | mestre, escritor |
Arturo Sánchez Cidrás, nado en Loira (Seixo, Marín) o 22 de xullo de 1950, é un profesor e escritor galego.[1]
O 23 de novembro de 2024 o Concello de Bueu declarouno "Fillo Adoptivo" e publicou o libro de homenaxe Arturo Sánchez Cidrás: bogando na cerna da historia.[2] [3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo maxisterio na USC. Foi mestre en Seixo, Moaña, País Vasco e desde o curso 1979-1980 no CEIP A Pedra de Bueu, no que se xubilou en 2011,[4] despois de máis de 20 anos de xefe de estudos e de promover a revista escolar O Candil (ISSN 1137-1994).
Foi profesor promotor e responsable da Aula de Acuicultura en concerto coa Consellería de Pesca desde 1988 ata 1995.[5]
Participou na xestión e Control de Dirección, Produción e Realización da serie de 13 capítulos, dirixida por Valentín Carrera para TVG Os viaxeiros da luz. Tamén na elaboración do Plan de Aproveitamento Turístico de “La Vía de la Plata” como programador informático encargado da coordinación e tratamento estatístico da enquisa á demanda. Ministerio de transportes, Turismo y Comunicaciones, dirixido por Valentín Carrera.
Publicou artigos en Diario de Pontevedra, Faro de Vigo, e nas revistas Os Galos e Aunios.
Xestiona a web Bueu: historias, contos, novidades, comunicados, achados...[6]
Obras
[editar | editar a fonte]- Cangas, Guía de la capital del Morrazo (1987). Con Xosé Manuel González Barreiro, Xosé Ramón Bernández Pérez e Xosé Manuel Pazos Varela. Madrid: J. Bangueses. ISBN 84-398-9795-2.
- A industria da pesca salgada. Os portos de Bueu e Beluso (1998). Con Xosé M. Cerviño Meira, Xosé Manuel Fernández Aldegunde. Consellería de Pesca da Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2315-6.
- Travesía por tres momentos da historia de Bueu (2017). Con Fructuoso Díaz García, Miguel Romaní Martínez, Pablo S. Otero Piñeyro Maseda e Xosé Manuel Cerviño Meira. Deputación de Pontevedra. 147 páxs. ISBN 978-8484574644.
- Federico Ribas: Os trazos do medo (2020). Con Xaime Toxo. Concello de Bueu.
- Bueu no exilio ruso (2020). Concello de Bueu. 38 páxs. Prólogo de Xaime Toxo.
- Ons. A illa que navega no tempo (2021). Concello de Bueu. 173 páxs. Limiar de Xaime Toxo.[7]
- Biografías I. Bueu (2022). Concello de Bueu. 156 páxs.
- A escola pública en Bueu. Ensino primario (2023). Concello de Bueu. 353 páxs. Limiar de Xaime Toxo.
- Biografías II Bueu: Alcaldes para un pobo 1812-2024 (2024). Concello de Bueu. 271 páxs. ISBN 978-84-09-60371-8.
- Bueu outra maneira de soñar: Historia do cine e do teatro (2024). Concello de Bueu. 237 páxs. ISBN 978-84-09-64016-4.
- Os infinitos "onte" da palabra "hoxe" (Intrahistoria de BUEU) (2025). Concello de Bueu. 395 páxs.
Libros colectivos
[editar | editar a fonte]- Cangas: Guía de la capital de Morrazo (1987). Madrid: J. Bangueses.
- A pesca no Concello de Cangas (1991). Centro de Benestar Social do Concello de Cangas.
- Federico Ribas: trazos do medo (2020). Concello de Bueu.
- Bueu no exilio ruso (2020). Concello de Bueu.
Premios
[editar | editar a fonte]- 2003: Premio Vila de Bueu en Recoñecemento ó Labor Cultural "polo seu compromiso, dende hai décadas, pola defensa e a promoción do patrimonio histórico e cultural" de Bueu.[1]
- 2015: Premio de xornalismo Johán Carballeira por unha entrevista imaxinaria a Johán Carballeira.[8][9]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Arturo Sánchez Cidrás Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2020-08-24.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2024-11-22). "Arturo S. Cidrás: "O de fillo xa o levo dende hai 40 anos; agora está oficializado"". Diario de Pontevedra. Consultado o 2024-11-23.
- ↑ García, David (2024-11-23). "Bueu salda su deuda de gratitud con Sánchez Cidrás, que ya es Fillo Adoptivo". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2024-11-23.
- ↑ Rivas, Eva. ""Mi filosofía era que los chavales no estuvieran amaestrados, sino ayudarles a pensar "". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-08-24.
- ↑ "Pequena historia CEIP Plurilingüe A Pedra - Bueu". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2020-08-24.
- ↑ "BUEU". acidras.blogspot.com. Consultado o 2020-08-24.
- ↑ Sánchez Cidrás, Arturo (2021). Ons: A illa que navega no tempo. Bueu: Concello de Bueu.
- ↑ García, David. "Sánchez Cidrás gaña o Johán Carballeira cunha entrevista "imaxinada" ao autor". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-08-24.
- ↑ García, David. "Cidrás reivindica en el I Premio Ermelo el valor de la historia para afrontar el futuro". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-08-24.
- ↑ García, David. "Arturo Sánchez Cidrás recibe el I Premio Ermelo". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-08-24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arturo Sánchez Cidrás |