José María Barreiro Gómez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1940 (83/84 anos) Forcarei, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | pintor , escultor |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Páxina web | jmbarreiro.com |
José María Barreiro Gómez, nado en Forcarei en 1940,[1] é un pintor galego recoñecido como un continuador da renovación do vangardismo histórico. A súa obra caracterízase pola súa paleta cromática de cores cálidas e a súa interpretación libre do expresionismo, con influencias matissianas.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Dende nova idade mostrou unha inclinación cara á arte e a súa traxectoria artística esténdese por máis de seis décadas, tempo no que viaxou e traballou en lugares como Madrid, París, Buenos Aires, e varios sitios de Galiza, entre eles Santa María de Cela e Vigo.
O traballo de Barreiro está influenciado pola gran tradición da pintura da École de Paris. As súas obras son coñecidas pola fusión de diacronía e sincronía, reflectindo as transformacións na súa arte ao longo do tempo.[3]
Dende os anos setenta, o seu proxecto pictórico incorpora temas variados, desde recordos até representacións de músicos e a súa icona máis destacada, a xanela, que simboliza a conexión entre o interior e o exterior e serve como unha identidade poética nas súas composicións.
A súa amizade con figuras culturais galegas, como os pintores Laxeiro e Urbano Lugrís González e o poeta Carlos Oroza, tamén influíu na súa obra, como se evidencia nas colaboracións pictóricas e textos integrados nas súas exposicións.[2]
Exposicións[editar | editar a fonte]
Unha exposición da súa obra titulada "Barreiro. O silencio que chove luz na xanela" (un verso que lle adicou Urbano Lugrís) inaugurouse en decembro de 2023 no Museo Centro Gaiás, comisariada por Pilar Corredoira e Xosé Antón Castro. A mostra abrangue unha selección de pinturas e debuxos, esculturas e documentos que ilustran a súa vida e círculo de amizades, e inclúen parte da obra producida durante a pandemia de Covid-19.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Curriculum en | José María Barreiro
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Barreiro. O silencio que chove luz na xanela" - Cidade da Cultura
- ↑ Diario, Nós (2023-12-04). "Compostela acolle unha mostra antolóxica sobre o pintor Barreiro". Nós Diario. Consultado o 2023-12-12.