Saltar ao contido

José María Acuña López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 3 de maio de 2011 ás 16:19 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (s)
Infotaula de personaJosé María Acuña López

Mariñeiros nos xardíns do Castelo de Soutomaior
Biografía
NacementoO 4 de abril de 1903,
en Salcedo, Pontevedra,
Galicia Galicia.
MorteO 4 de xuño de 1991,
en Vigo, Galicia Galicia.
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando
Colexio Rexional de Xordos de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónEscultor.
EmpregadorColexio Rexional de Xordos de Santiago de Compostela
Cerámica Celta Editar o valor em Wikidata
ProfesoresFrancisco Asorey Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1265537

José María Acuña López, nado en Salcedo, Pontevedra, o 4 de abril de 1903 e finado en Vigo o 4 de xuño de 1991, comunmente citado como Acuña, foi un escultor galego.

Traxectoria

Peregrino loitando contra o vento,
en Pedrafita do Cebreiro.

Fillo dun ferreiro e membro dunha familia humilde de oito irmáns, el e outros tres eran xordos de nacemento. Estudou Belas Artes na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid, cunha beca da Deputación de Pontevedra. Foi discípulo de Francisco Asorey.[1] Traballou na Cerámica Celta de Pontecesures e desenrolou unha importante labor docente, coma profesor de debuxo, modelado e talla, no Colexio Rexional de Xordomudos de Santiago, do que fora alumno.

Fixo de Galicia, os seus cidadáns e os seus costumes o tema central da súa creación. Entre as súas obras máis coñecidas destacan as de peregrinos, coma as do Monte do Gozo e San Caetano, Santiago de Compostela.

Premiárono coa Medalla de Prata ao Mérito no Traballo en 1973[2] e a Medalla Castelao no ano 1990.[3] O CEIP Escultor Acuña de Coia, Vigo, centro de referencia para a integración de alumnado con discapacidade auditiva,[4] así como rúas nas cidades de Pontevedra e Vigo, levan o seu nome.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas