Saltar ao contido

José María Abalo Abad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé María Abalo Abad
Biografía
Nacemento1884 Editar o valor em Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de setembro de 1954 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Superior de Comercio da Coruña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónárbitro , futbolista , catedrático de universidade Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oviedo Editar o valor em Wikidata
Membro de
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1171097

José María Abalo Abad, nado en Vilagarcía de Arousa en 1884 e finado en Donostia o 1 de setembro de 1954, foi un futbolista e catedrático de universidade galego. Foi un dos impulsores do fútbol na cidade da Coruña,[1][2] xogou como dianteiro no Vigo Sporting[3] e máis tarde foi árbitro.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

José María Abalo, fillo dun empresario local, estudou en Londres nun internado.[1][5] Na súa estancia en Inglaterra interesouse polo fútbol, e cando regresou a Galicia en 1901 regresou cun grao en comercio e cunha pelota na súa maleta.[1][6][7][8]

Proseguiu estudos na Escola de Comercio da Coruña, e alí contaxioulles aos seus compañeiros o interese polo fútbolno campo da Estrada.[1][5][7] En 1901, nunha xuntanza na Cafetaría Universal, decidiron estabelecer un club, o cal nomearon Afonso XII, o primeiro equipo de fútbol da Coruña.[1][5] O club novo adoptou as regulacións da Asociación de Fútbol británica e empezou a adestrar na zona coñecida como El Relleno, xunto a Riazor.[1]

Fundación do Coruña FC[editar | editar a fonte]

Un partido de fútbol no Corralón da Gaiteira en 1907.

Abalo seguiu difundindo o fútbol entre a mocidade da cidade.[6][9] En 1903 varios membros do ximnasio Sala Calvet comezaron a practicar o deporte,[1] e fundouse o Foot-ball Corunna Club.[1][6][8] As súas cores orixinais eran branco ou vermello, e ás veces cun uniforme enteiramente branco, mais máis tarde adoptou unha camiseta amarela e negra a raias con pantalón branco. O primeiro partido foi o 20 de marzo de 1904 na praza de touros da Coruña, contra un equipo chamado Diligent, formado por membros da tripulación de dous buques británicos.[1][9] O equipo local venceu 3–0, e continuaron xogando contra tripulacións dos buques que arribaban ao Porto da Coruña.[1] Pasaron a xogar no Corralón da Gaiteira, o primeiro campo de fútbol permanente da cidade.[9]

Deportivo Sala Calvet en 1908.

Os membros da Sala Calvet que participaran na constitución do Corunna FC e o recentemente creado Club Náutico seguiron o modelo de Abalo e xuntaron un grupo grande de xogadores para o ximnasio Calvet, onde naceu o Club Deportivo da Sala Calvet.[1]Meses despois o club converteuse no Deportivo da Coruña.[9][10]

Na tempada 1906–07 Abalo xogou como dianteiro no Vigo Sporting, metendo dous goles na Copa do Rei de 1907, un deles o que supuxo a vitoria fronte ao Club Bizcaya.[11] Ao tempo, fundou na súa vila natal en 1907 o Villagarcia FC, equipo ao cal o Madrid CF convidou para participar nun partido de adestramento.[6]

Arbitrou a final da Copa do Rei de 1908 entre o Madrid FC e o Vigo Sporting, que venceu o primeiro 1–2 perda a Vigo.[4] Nos anos seguintes Abalo continuou a practicar o fútbol e mesmo o rugby, nos campos de Santa Rita e A Lomba, "presenciado por unha grande audiencia".[6]

Traxectoria académica[editar | editar a fonte]

Tras rematar os estudos, foi profesor de inglés na Universidade de Oviedo, onde publicou en 1911 a obra El traductor de inglés e en 1913 Gramática inglesa. Método teorico-práctico. Despois pasou a dar clase na Escola de Comercio de Donostia, cidade na que faleceu en setembro de 1954.[4] Foi membro correspondente da Real Academia Galega.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 "La histórica Sala Calvet". La Opinión de A Coruña (en castelán). 13 de novembro de 2016. 
  2. "Galicia Gaiteira". www.redeoza.org (en castelán). 
  3. "José María Abalo Abad". www.bdfutbol.com. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "José María Abalo Abad". www.bdfutbol.com. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "El origen del fútbol en La Coruña". lafutbolteca.com (en castelán). 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 "Vilagarcía: Precursores del deporte". Revista es Más (en castelán). 
  7. 7,0 7,1 "Miguel Abalo". Vida Atlética de Galicia (en castelán). 
  8. 8,0 8,1 "La Sala Calvet". www.dxtcampeon.com (en castelán). 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 "El Dépor nació en un gimnasio". www.rcdeportivo.es (en castelán). 
  10. Goldblatt, David (2007). The Ball is Round: A Global History of Football (en inglés). Penguin UK. p. 131. ISBN 978-0-14-191154-0. 
  11. "Vigo - Club Vizcaya (2 - 1)". www.bdfutbol.com. 
  12. "Membros correspondentes". Real Academia Galega.