José Manuel Pequeño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1955 (68/69 anos) A Ameixenda, España |
Alcalde de Dumbría | |
1983 – 2023 – Raúl González Lado → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , arquitecto técnico |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega |
José Manuel Pequeño Castro, nado na Ameixenda (Cee) o 17 de marzo de 1955, é un político e arquitecto técnico galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Arquitecto técnico,[1] foi técnico en diversos concellos. Nas eleccións municipais de 1983 presentouse á alcaldía de Dumbría encabezando unha candidatura independente e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1987 encabezou como independente a candidatura da Coalición Progresista Galega e foi reelixido alcalde cunha ampla maioría absoluta (11 concelleiros de 13). Foi un dos alcaldes desta coalición que respaldou o apoio de 3 dos seus deputados á moción de censura presentada en xuño de 1989 na Deputación da Coruña polo socialista Salvador Fernández Moreda contra o aliancista José Manuel Romay Beccaría.
Nas municipais de 1991 presentouse como cabeza de lista do PSdeG-PSOE e volveu ser elixido alcalde cunha ampla maioría absoluta (9 concelleiros de 11), sendo elixido deputado provincial. Volveu ser reelixido alcalde en 1995, 1999 e 2003 con 8 concelleiros, volvendo a ser deputado provincial de 1995 a 1999. En 2007 sube a 9 concelleiros e volve a ser deputado provincial. Volveu ser reelixido con maioría absoluta en 2011, 2015 e 2019,[2] [3]logrando 9, 10 e 9 edís, respectivamente, e ocupando de novo unha acta de deputado na Deputación da Coruña tralos dous últimos comicios, encargándose da área de infraestruturas, vías e obras.
Foi presidente provincial do PSdeG na Coruña de 2018 a 2022. En xaneiro de 2023 anunciou que non se presentaría á reelección nas municipais dese ano, sendo substituído como candidato socialista polo concelleiro Raúl González Lado[4], o cal logrou a alcaldía con maioría absoluta.
Predecesor: Jesús Gómez Dovale |
Alcalde de Dumbría 1983 - 2023 |
Sucesor: Raúl González Lado |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nova en La Voz de Galicia Carballo, 12-6-1987 p.21
- ↑ Concello de Dumbría na FEGAMP
- ↑ "Dumbría". fegamp.gal. 10 de xaneiro de 2023. Consultado o 3 de maio de 2023.
- ↑ Rial, S.G. (19 de xaneiro de 2023). "El alcalde de Dumbría no se presentará a la reelección". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 3 de maio de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- «Temos que definir cal é o territorio que delimita a Costa da Morte», entrevista en La Voz de Galicia, 3 de febreiro de 2008.
- Perfil biográfico na web da Deputación