Saltar ao contido

Urbano Fernández Bastos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaUrbano Fernández Bastos
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Cabral, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de agosto de 1945 Editar o valor en Wikidata
Louredo, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis, fotógrafo Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata

Los de la sierra: 2405

Urbano Fernández Bastos,[1] coñecido como Fotógrafo ou Roque, nado en Cabral (Lavadores) e finado en Louredo (Mos) o 14 de agosto de 1945, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fotógrafo de Cabral. Integrouse en 1943 no grupo de Manuel Simón Campos. O 14 de agosto de 1945 o grupo estableceu un control na estrada de Vigo a Ourense (N-120), a tres quilómetros do Porriño e apoderáronse de 32.000 pesetas nun vehículo da empresa Distribuidora de Huevos de Jimeno y Cía. Inmediatamente as forzas da Garda Civil estableceron un cerco para deter aos guerrilleiros e Urbano Fernández foi abatido no monte Saramagoso xunto con José García Morales.

  1. Nalgunhas fontes aparece como Urbano Suárez Bastos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. p. 479. ISBN 84-89599-33-5.