Xosé Fernández da Ponte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Fernández da Ponte»)
Infotaula de personaXosé Fernández da Ponte
Biografía
Nacemento17 de xullo de 1901 Editar o valor em Wikidata
Tabeirós, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de setembro de 1989 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
A Baña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Xosé Xoán Fernández da Ponte, nado en Tabeirós (A Estrada) o 17 de xullo de 1901[1] e finado na Baña o 26 de setembro de 1989,[2] foi un poeta e docente galego, autor de obras en galego e castelán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Fernández Caramés. Fixo os estudos de mestre en Santiago de Compostela rematándoos en 1919, con 18 anos e, ao non poder opositar pola idade, exerceu o ensino privado primeiro en Lalín e posteriormente durante tres anos no colexio Cuba da Baña. Aprobou as oposicións de 1923 e foi destinado á escola de Vinseiro, que rexentou durante nove anos. Durante a súa estadía como mestre en Vinseiro foi Secretario do Sindicato Agrícola Unión de Vinseiro y Cereijo e foi director interino do xornal estradense El Emigrado de outubro de 1932 a abril de 1933. Foi nomeado “Socio de Honor” pola Sociedad Hijos del Ayuntamiento de La Estrada en Cuba en 1932. Promoveu un premio en 1934 para incentivar a asistencia dos nenos á escola que acabou levando o seu nome (Premios Fernández da Ponte). En 1934 foi destinado a Noia por concurso, onde exerceu ata a súa xubilación en 1971. Foi director do Grupo Escolar de Noia.

Actividade literaria[editar | editar a fonte]

Comezou publicando poemas en El Emigrado, Vida Gallega, El Compostelano, La Noche e Tapal. asinaba ás veces co pseudónimo Zenón de Ferjas[3]. A súa obra poética, en galego e en castelán foi recompilada e publicada co título Latexos pola Editorial Celta en 1979.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Latexos, 1979.
  • Noesba, 2001.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • En 1963 foille concedida a Cruz de Alfonso X el Sabio, que lle foi entregada nunha homenaxe popular en xullo de 1964.
  • Unha rúa de Noia leva o seu nome.
  • O 31 de agosto de 2002 os veciños de Tabeirós rendéronlle unha homenaxe e descubriron unha placa na súa casa natal.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou coa mestra María Asunción García Amigo, filla do médico da Baña Baltasar García Seoane, o 15 de decembro de 1934.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 34. 
  2. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 27-9-1989, p. 66.
  3. El Emigrado, 30-4-1928, p. 1.
  4. "Tabeirós rindió homenaje al maestro José Fernández",La Voz de Galicia, Lalín-A Estrada, 1-9-2002, p. L6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]