José Estévez López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

José Estévez López, nado en Lugo o 10 de febreiro de 1954, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Maxisterio en Lugo, profesión que non chegou a exercer, e licenciouse en Dereito. Foi funcionario da Deputación de Lugo, secretario de Administración Local e actualmente traballa na Asesoría Xurídica do Sergas. Exerceu tamén a profesión de avogado, especialidade en Dereito Administrativo.

Participou nas loitas estudantís entre os anos 1972 e 1976 como membro de ERGA.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • ¿Poemas -- ? Non : mariposas - bolboretas: soños sen dono, 1998, edición do autor.
  • A túa ausencia que non se apaga. Poemas escritos coa soidade sangrando na punta da lingua, 2011, Meubook.
  • Aseteando, 2013, A porta verde do sétimo andar.
  • Flirteando no feisbu, 2013.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Nós tamén amamos a muralla, a pesar de todo o que se nos virá enriba, 2002, edición do autor.
  • Fóra de lei: tarxeta de presentación, 2006, Scio, Lugo.
  • Morte na muralla. Unha historia de amor con final feliz, 2006, Scio.
  • Víctimas da ira. Verdugos de si mesmos, 2006, Scio.
  • Xoel. Persecución e caneo de estereotipos: ¿traballar menos, f..... máis ...?: a consigna, o lema revolucionario, fai o amor e non a guerra, 2007, edición do autor. Publicado en 2015 en Redelibros.
  • Fugaz coincidencia, 2012, Redelibros.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]