José Canga Argüelles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Canga Argüelles
José Canga Argüelles (Real Academia de Bellas Artes de San Fernando).JPG
Nacemento17 de xullo de 1770
 Oviedo
Falecemento2 de decembro de 1848
 Oviedo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Zaragoza
Ocupaciónestadista, político, economista e arquiveiro
editar datos en Wikidata ]

José Canga Argüelles, nado en Oviedo o 17 de xullo[1] de 1770, e finado en Oviedo o 2 de decembro de 1842, foi un economista e político español.

José Canga Argüelles retratado por Vicente Arbiol y Rodríguez

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era o segundo fillo dun maxistrado da Audiencia e hai certas dúbidas sobre o lugar de nacemento entre Oviedo, onde sempre estivo o domicilio da familia, e Xixón de onde era a nai.[2] Estudou dereito na Universidade de Oviedo e obtivo o seu doutoramento na universidade de Zaragoza en 1791, onde se trasladara toda a familia.

Cando a súa familia volveu a Oviedo, el marchou para Madrid, onde traduciu grego clásico. Grazas aos seus coñecementos de economía, en 1794 contactou con Pedro Rodríguez de Campomanes, que o introduciu na Sociedade Económica de Amigos do País. En xaneiro de 1798 foi nomeado procurador do Estado en Xixón, pero logo deixou o cargo para traballar como oficial na Secretaría de Facenda[3], o que lle permitiu intervir en informes oficiais sobre a economía e a política exterior. Deste xeito, en 1800, foi nomeado secretario real e en 1804, foi nomeado contador principal do exército para Valencia.[4] Alí casou con Eulàlia Ventades Ventades e tivo o seu fillo Felipe. En 1805 Carlos IV nomeouno Cabaleiro da Orde de Carlos III , e foi admitido na Real Academia da Historia.[5]

Guerra de Independencia[editar | editar a fonte]

Ao se producir a Guerra da Independencia española estaba en Valencia. Alí foi un dos promotores da Xunta Superior de Goberno do Reino de Valencia,[6] da que formou parte, e o 28 de abril de 1809 foi nomeado intendente e conseguiu novos títulos de débeda para pagar a defensa da cidade fronte ao xeneral francés Moncey. Tamén foi o encargado de redactar unha circular ao resto das Xuntas de España indicando a necesidade de crear unha Xunta Central, que organizara e coordinara a defensa contra os invasores.[7]

O 15 de xaneiro de 1811 foi nomeado ministro interino de Facenda[8][9] pola Xunta Suprema Central. Destacou no saneamento das finanzas oficiais, para o que propuxo a venda de parte das posesións eclesiásticas[10] e impor novos impostos e elaborou a súa Memoria sobre el crédito público (1811) e presentou o primeiro presuposto público.[11] [12]Posteriormente, foi nomeado superintendente xeral de Facenda, responsable de Indias, intendente do exército e do reino de Valencia. En 1812 foi nomeado gobernador de Soria e, en setembro de 1813, foi elixido deputado por Asturias nas Cortes de Cádiz.

Restauración absolutista[editar | editar a fonte]

Cando Fernando VII regresou a España en 1814, foi condenado a oito anos de prisión no castelo de Peñíscola, onde escribiu Elementos de la ciencia de Hacienda, a obra tributaria cimeira do século XIX. Case ao mesmo tempo, o 23 de abril de 1816, o rei de Francia condecórao coa Flor de Lis polos servizos prestados á Casa de Borbón.[5]

Trienio Liberal[editar | editar a fonte]

Foi liberado en 1820 tras o pronunciamento de Rafael del Riego e foi nomeado, unha vez máis, brevemente para o cargo de ministro de Facenda[8], e escribiu Memoria sobre el estado de la Hacienda Pública, pero foi despedido polos liberais moderados. En 1822 foi elixido, de novo, deputado por Asturias nas Cortes españolas.[13]

Década Ominosa[editar | editar a fonte]

Partidario de protestar contra a Santa Alianza, ao final do Trienio liberal, en 1823, marchou para o exilio en Londres. Alí,publicou o seu Diccionario de Hacienda (1826-1827) e dirixiu dende xuño de 1829 un periódico fundado por el, El Emigrado Observador, do que apareceron doce números, ademais de varias das súas obras. Retornou a España en 1829, pero xa non participou nas loitas políticas e editou o Suplemento ao Diccionario.

Finalmente, foi nomeado director do Arquivo Xeral de Simancas[14] e visitador do Instituto de Jovellanos de Xixón. Morreu en decembro de 1842 e dez años despois da súa morte, Isabel II concedeulle o título de Conde de Canga Argüelles.[5]

Obras principais[editar | editar a fonte]

  • Suplemento al apéndice de la educación popular
  • Prólogo al censo de población de 1797
  • Prólogo al censo de población de 1800
  • Gaceta de los niños o principios generales de Moral, Ciencias y Artes
  • Doce Memorias sobre Hacienda
  • Colección de Reales cédulas, órdenes y providencias dadas para gobierno del Real patrimonio del reino de Valencia (1806)
  • Recopilación de todas las leyes, ordenanzas y reglamentos del Cuerpo político de los ejércitos de España (6 tomos, 1807)
  • Memoria sobre la constitución de la Junta Central de Gobierno (Valencia, 1808)
  • Memoria leída en la Junta Suprema de Valencia en defensa del Consejo Real (Valencia, 1808)
  • Manifiesto de la Junta Superior de Observación y Defensa del reino de Valencia sobre los servicios y heroicos esfuerzos prestados por ésta en favor de la libertad e independencia de la nación y de los derechos de su augusto y legítimo soberano el Sr. D. Fernando VII (Valencia, 1809)
  • Observaciones sobre las Cortes de España y su organización (Valencia, 1809)
  • Ocho Memorias sobre Hacienda a las Cortes de Cádiz
  • Apuntes para la Historia de la Hacienda pública de España (1811)
  • Memoria sobre la cuenta y razón de España (1811)
  • Manifiesto de su conducta política en las Cortes de 1813 y 1814
  • Memoria sobre el crédito público que presenta a las Cortes de 1820 (Madrid, 1820)
  • Memoria sobre el estado de la Hacienda pública de España, presentada a las Cortes de 1821
  • Elementos de la ciencia de Hacienda (Londres, 1825)
  • Diccionario de Hacienda para uso de los encargados de la suprema dirección de ella (9 tomos, Londres, 1826)
  • Índice de las materias que se contienen en el Diccionario de Hacienda (Londres, 1827).
  • Ensayo sobre las libertades de la Iglesia católica de España en ambos mundos (Londres, 1827)
  • Diccionario de Hacienda para uso de los encargados de la suprema dirección de ella
  • Diccionario de Hacienda con aplicación a España
  • El Comercio de los algodones ingleses en España
  • Breve respuesta a la representación de los comerciantes de Londres (1829)
  • Memorándum sobre la derogación de la ley Sálica en España
  • Observaciones sobre la Historia de la guerra de España que escribieron los Sres. Clarke, Southey, Londonderry y Napier (1833-1836)
  • Memoria sobre el estudio que deben hacer de la filosofía los pintores y estatuarios
  • Discurso sobre los derechos del bello sexo en la sociedad civil y matrimonial
  • Memoria sobre las causas, así físicas como políticas, que han disminuido la población del reino de Aragón y modo de realizar su comercio expedito y floreciente
  • Traducción anotada de la carta del Sr. Gesuer al Sr. Jueslin sobre el paisaje
  • Observaciones sobre las Cortes de España y su organización
  • Apuntaciones canónicas de las Iglesias de España
  • Historia del Principado de Asturias durante los seis años de la guerra de la Independencia (Manuscrito)
  • Discurso leído en su recepción en la Academia de la Historia acerca de la necesidad que los hacendistas tienen de dedicarse a los estudios históricos
  • Investigaciones históricas en los códices del Museo Británico
  • Causa que se formó en 1814 a varios diputados a Cortes y a otros beneméritos españoles
  • Apuntaciones de la Historia civil de España
  • Noticia de los manuscritos legada por Jovellanos al Instituto Asturiano
  • Memoria sobre los servicios prestados por este hombre de Estado durante su vida pública
  • Quelques mots en réponse á une pétition des négociants de Londres ainsi qu'á plusieurs articles du «The Times» tendant á attaquer l'honneur et les droits du Roi d'Espagne, sur l'indépendance des Amériques (Londres, 1829)
  • Observations sur la guerre d'Espagne (Londres, 1829)
  • Memorándum sobre la derogación de la Ley Sálica en España (Londres, 1830)
  • Observaciones sobre el tomo II de la «Historia de la guerra de España», que escribió en inglés el teniente coronel Napier (Londres, 1830)
  • Memorándum sobre la intervención de los cónsules de Francia en las visitas domiciliarias de los súbditos de su nación residentes en España (Londres, 1831)
  • Observaciones sobre la «Historia de la guerra de España», que escribieron los señores Clarke, Southey, Londonderry y Napier (Tres tomos, Madrid, 1833-1836)
  • Elementos de la Ciencia de la Administración (1834).
  • Suplemento al Diccionario de Hacienda, con aplicación a España (Madrid, 1840)


Predecesor:
José Company

Antonio González Salmón

 Secretaría de Estado e do Despacho Universal de Facenda 
14 de xaneiro de 1811 - 6 de febreiro de 1812 (interino)

20 de marzo de 1820 - 2 de marzo de 1821

Sucesor:
Antonio Ranz Romanillos

Luis Sorela Carcaño

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "José Canga Argüelles". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.  afirma que va néixer a Gijón, però l'Enciclopèdia d'Oviedo i el web del Congrés dels Diputats afirmen que va néixer a Oviedo
  2. García (2005), p.25
  3. García (2005), p.45
  4. García (2005), p.14
  5. 5,0 5,1 5,2 "José Canga Argüelles". Enciclopedia Oviedo. Consultado o 30-04-2018. 
  6. Balibrea (1997), p. 42
  7. Balibrea (1997), p. 43
  8. 8,0 8,1 "Canga Argüelles, José". Biblioteca Virtual de Polígrafos. Consultado o 30-04-2018. 
  9. Na obra de Balibrea (1997), aparece o nomeamento o día 11 de xaneiro (p.44).
  10. Friera Alvarez, Marta (2007). La desamortización de la propiedad de la tierra en el tránsito del antiguo. Xixón: Fundación Foro Jovellanos del Principado de Asturias. p. 221. ISBN 978-84-933191-6-8. 
  11. Balibrea (1997), p. 47
  12. Canella y Secades, Fermín (1903-1904). Historia de la Universidad de Oviedo y noticias de los establecimientos de enseñanza de su distrito. Reeditada en 1995 pola Universidade de Oviedo (3ª ampliada e revisada ed.). Impr. de Flórez Gusano y Cía. p. 738. 
  13. Ficha no Congreso dos Deputados
  14. López Castellano, Fernando (2005). "Economía política, administración y hacienda pública en Canga Argüelles". Revista asturiana de economía (32): 145 e ss. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Balibrea Gil, María Angeles (1997). La imposición extraordinaria de guerra en España. Murcia: Universidad de Murcia. ISBN 84-7684-814-5. 
  • García Monerris, Carmen (2005). La Corona contra la historia: José Canga Argüelles y la reforma del Real patrimonio valenciano. Col. Historia (en castelán). Valencia: Universitat de València. ISBN 978-8437061665. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]