José Blanco Amor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Blanco Amor
Nacemento3 de decembro de 1911
 Lubre
Falecemento10 de marzo de 1989
 Buenos Aires
NacionalidadeArxentina
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

José Blanco Amor, nado en Lubre (Bergondo) o 3 de decembro de 1911[1] e finado en Buenos Aires o 10 de marzo de 1989, foi un escritor e xornalista galego afincado na Arxentina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia e mocidade[editar | editar a fonte]

Criado nunha familia humilde, abandonou a escola moi novo, aos once anos segundo algunhas fontes, para axudar a familia. Aprendeu despois o oficio de carpinteiro e en 1930 emigrou a Buenos Aires, onde viviu ate a súa morte.[2] Foi secretario da Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA), que dirixía Santiago Casares Quiroga.

En Buenos Aires[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa formación en Buenos Aires como autodidacta, mentres traballaba noutras tarefas. Estudou idiomas, fíxose tradutor, corrector de probas e xornalista, e converteuse nunha figura das letras hispanoamericanas.

Como xornalista iniciouse en Noticiero Español e publicou o seu primeiro conto na revista do Centro Galego de Buenos Aires. Despois colaborou nos xornais La Prensa, El Mundo e La Nación de Buenos Aires, onde escribía os comentarios parlamentarios na columna «Más allá de la crónica». Foi tamén redactor de Obituarios do xornal La Nación durante trinta anos, na época en que os grandes escritores facían as necroloxías das personalidades.

Durante o mandato do vicepresidente arxentino Carlos Humberto Perette foi nomeado Director de Prensa do Senado da Nación Argentina.

Escritor[editar | editar a fonte]

Os seus ensaios tratan principalmente temas españois, unha das súas preocupacións foi mobilizar as relacións culturais entre España e América, en obras como España y el marxismo ou La generación del 98. Outra obra importante, é Con verdad y con rigor. Escribu tamén novelas e o libro de relatos Reportaje a Nueva York, que recolle varias crónicas das Nacións Unidas escritas cando foi enviado aos Estados Unidos de América en 1949. Entre as novelas destacan La vida que nos dan, premio Valle-Inclan, Todos los muros eran grises, Antes que el tiempo muera, Duelo por la tierra perdida, La Misión, gañadora do Premio de Literatura de la Ciudad de Buenos Aires en 1967.

Obras[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • La vida que nos dan, 1953.
  • Todos los muros eran grises, 1956.
  • Antes que el tiempo muera, 1957.
  • Duelo por la tierra perdida, 1963.
  • La misión, 1966.
  • Los virtuosos, 1976.
  • ¿Y ahora qué?, 1983.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Reportaje a Nueva York. Las Naciones Unidas, 1950.
  • Con verdad y con rigor, 1961.
  • La Generación del 98, 1966.
  • España y el marxismo, 1966.
  • Encuentros y desencuentros, 1969.
  • La pirámide, 1970.
  • El final del "boon" literario y otros temas, 1976.
  • Ensayos sin fronteras, 1983.
  • Exiliados de memoria, 1986.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Polas súas colaboracións en La Nación, o Ministerio de Información e Turismo de España concedeulle o premio hispanoamericano de prensa Miguel de Cervantes en 1972. Recibiu o premio do PEN Club Internacional e foi galardonado co Premio Nacional de Literatura "Juan Bautista Alberdi" en 1971.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 8-10-1953, p. 5.
  2. José Blanco Amor, escritor(diario El País)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]