Saltar ao contido

PEN International

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «PEN Club Internacional»)
PEN International
Logo
Tipoorganización non gobernamental internacional
Data de fundación21 de outubro de 1921
Fundador(es)Catherine Amy Dawson Scott
Presidente/aJennifer Clement (pt) Traducir (2015-) Editar o valor en Wikidata
PremiosPremio Monismanien
SedeLondres
Na rede
https://www.pen-international.org/
Facebook: peninternational Twitter: pen_int Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

PEN International (coñecido como International PEN ata 2010),[1] tamén chamado PEN internacional ou PEN Club, é unha asociación de escritores fundada en Londres en 1921[2] para promover a amizade e a cooperación intelectual entre os escritores de todo o mundo. Outros obxectivos inclúen promover a literatura, defender a liberdade de expresión e crear unha comunidade internacional de escritores.[3] En 2010, a organización estaba composta por 145 centros en 104 países.[4] Cada centro funciona de xeito autónomo e mantén ligazóns cos demais a través do secretariado internacional PEN. En canto aos membros, están abertos a todos os escritores que publicasen.

Dende outubro de 2015, a presidenta é Jennifer Clement, escritora mexicano-estadounidense que foi presidenta de PEN México. É a primeira muller presidenta da organización. PEN é cofundador do premio PEN/Faulkner, creado en 1981.

Catherine Amy Dawson Scott, cofundadora de PEN International

O PEN International foi fundado o 5 de outubro de 1921 pola escritora inglesa Catherine Amy Dawson Scott. O novelista e dramaturgo inglés John Galsworthy foi o primeiro presidente da organización. Entre os seus primeiros membros estaban Joseph Conrad, Elizabeth Craig, George Bernard Shaw e H. G. Wells.

PEN orixinalmente era un acrónimo de "Poetas, Ensaístas, Novelistas", mais actualmente significa "Poets, Playwrights, Editors, Essayists, Novelists" ("Poetas, Dramaturgos, Editores, Ensaístas, Novelistas"),[5] e inclúe escritores en calquera forma de literatura, como xornalistas e historiadores.

Entre os antigos presidentes de PEN International están Alberto Moravia, Heinrich Böll, Arthur Miller, Mario Vargas Llosa, Homero Aridjis, Jiří Gruša e John Ralston Saul.

  • Comité de Escritores Presos.
  • Comité de Tradución e Dereitos Lingüísticos.
  • Comité de Escritores pola Paz.
  • Comité de Mulleres Escritoras.
  1. "Our History". PEN International. 10 de novembro 1995. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2015. Consultado o 10 de xullo de 2013. 
  2. Halsband, Robert (10 de xaneiro de 1968). "LeRoi Jones Sentence – Free Preview". The New York Times. Consultado o 15 de novembro de 2011. 
  3. "Carta do PEN". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2011. Consultado o 28 de xaneiro de 2021. 
  4. "Información na páxina do PEN International". Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2011. Consultado o 28 de xaneiro de 2021. 
  5. "Our History PEN International". pen-international.org. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2015. Consultado o 9 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]