Xosé Antonio Ventoso Mariño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xuño de 1951 (73 anos) Ribeira, España |
Alcalde de Ribeira | |
1983 – 1987 – Ricardo Pérez Queiruga → | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político , profesor de ensino secundario , escritor |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega |
Xosé Antonio Ventoso Mariño, nado en Ribeira o 30 de xuño de 1951, é un escritor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filosofía e Letras pola USC, é especialista en Historia Contemporánea. Profesor de Ensino Medio, é socio fundador do Instituto de Ciencias Sociaies de Galicia e codirector das revista Ciencias Sociais e Estudios Sociais da Barbanza. Anteriormente membro do PCG, pasou a formar parte do PSdeG-PSOE e encabezou esta formación en Ribeira en 1983, sendo elixido alcalde ó se-la candidatura máis votada. En 1987 encabezou novamente a candidatura socialista e logrou novamente a vitoria, pero nesta ocasión non logrou a alcaldía dado que os grupos de dereitas (AP, CPG e CDS) pactaron e fixeron alcalde ó candidato aliancista Ricardo Pérez Queiruga. En marzo de 1989 encabezou unha moción de censura contra este, mais ó botarse atrás varios concelleiros supuxo que fracasase. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1989 foi elixido deputado autonómico, revalidando a súa acta en 1993, chegando a ser voceiro do grupo socialista. Encabezou novamente a candidatura do PSdeG en Ribeira en 1991 logrando o mellor resultado da historia do partido con 9 concelleiros, mais nesta ocasión o PPdeG logrou a maioría absoluta e non puido recupera-la alcaldía. Foi membro da Comisión Executiva do PSdeG-PSOE (1987-1994).
En xullo de 1992 foi inhabilitado pola construción durante a súa etapa na alcaldía de vivendas accesibles sen ser visadas polo Colexio de Arquitectos, ante o cal abandonou a política municipal; en 1994 foi indultado[1]. Porén, si puido continuar como deputado autonómico durante todo ese tempo, volvendo ser elixido tralas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1993. En 1997 volveu a concorrer na candidatura autonómica do PSdeG pero non resultou elixido tralo descenso sufrido pola formación. En febreiro de 2003 abandonou o PSdeG tralo nomeamento de José Vicente Domínguez como candidato en Ribeira pola executiva nacional do partido, en detrimento da súa muller Rosa García Pose[2]. Esta, conformou Iniciativa Progresista de Ribeira (IPdeR) e integrou aos desencantados coa decisión, logrando 2 concelleiros nos comicios dese ano.
En abril de 2010 foi elixido presidente do Club Náutico de Ribeira, permanecendo no cargo ata maio de 2015. Presentou programas de entrevistas e debates no Canal Barbanza.
Predecesor: Lisardo Valeiras Bravo |
Alcalde de Ribeira 1983 - 1987 |
Sucesor: Ricardo Pérez Queiruga |
Notas
[editar | editar a fonte]Obra en galego
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Do mar e dos homes.
Narrativa
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Galicia en terra allea, 1997, Ir Indo.
- Os señores do mar, 2002, Xunta de Galicia.
- As sombras dos mortos. Historias de naufraxios en Cabo Corrubedo, 2003, Deputación da Coruña.
- As fanequeiras da ría, 2011, Concello de Ribeira.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- A xente da ría, 2002, Deputación da Coruña.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Huyen mis sueños. Diario de un lisiado, 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alcaldes de Ribeira
- Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE
- Alcaldes de Galicia durante a democracia
- Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE
- Escritores de Galicia
- Escritores en lingua galega
- Poetas de Galicia
- Nados en Ribeira
- Nados en 1951
- Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia