José Alberte Corral Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Alberte Corral Iglesias
José Alberte Corral Iglesias (AELG)-3.jpg
Nacemento26 de febreiro de 1946 (77 anos)
 A Coruña, Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta
XénerosPoesía, narrativa
EstudosCiencias Económicas, Xornalismo
Na rede
AELG: 338
editar datos en Wikidata ]

José Alberte Corral Iglesias, nado na Coruña o 26 de febreiro de 1946, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Ciencias Económicas, fixo estudos de Xornalismo na Universidade Central de Venezuela en Caracas. Exerceu como profesor de ensino secundario antes de se xubilar e participa no labor cultural desenvolvido pola Agrupación Cultural O Facho.

É co-fundador da Agrupación Cultural O Facho en 1963, formou parte das súas primeiras directivas e na actualidade preside a organización. Foi militante antifranquista e anticlerical nas organizacións Poder Obreiro e Loita Obreira a prol dunha sociedade anticapitalista, o cal o levou a fuxir para o Chile de Salvador Allende. O establecemento de ditaduras en Chile e a Arxentina ao abeiro do Plan Cóndor fíxoo recalar en Venezuela até despois da morte de Franco. Nese período ingresou no Partido Comunista de Galicia en Caracas.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Palavra e memória, 1997, AGAL.
  • Acarom da Brêtema, 1999, AGAL.
  • Detrás da palavra, 2004, AGAL.
  • Buracos no espelho, 2007, AGAL.
  • O livro de barro, 2009, Toxosoutos.
  • Gume de navalha, 2014, Editora Emerxente.
  • Horas, 2017, Baía.

Narrativa[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Del amor y la memoria, 1993, Vic.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]