Jordi Roura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Jordi Roura
Jordi Roura.JPG
Jordi Roura
Información persoal
Nome completoJordi Roura i Solà
Nacemento10 de setembro de 1967 (50 anos)
LugarLlagostera, España
PosiciónDianteiro
Carreira xuvenil
Barcelona
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1984-1989Barcelona Atlètic46(2)
1988-1990Barcelona10(0)
1991-1992Real Murcia (cedido)11(1)
1992-1993Figueres13(0)
1994Sant Andreu
Selección nacional
1990-1993Cataluña Catalunya2(0)
Adestrador
1996-1998Yokohama Flügels (asistente)
2012-2013Barcelona (2º adestrador)
2013Barcelona
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Jordi Roura i Solà, nado en Llagostera (Xirona) o 10 de setembro de 1967, é un ex-futbolista catalán, que ocupaba a posición de centrocampista ou dianteiro, e que foi adestrador do Futbol Club Barcelona no 2013.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Despois de pasar polas categorías de alevín e infantil da Unió Esportiva Llagostera,[1] Jordi Roura continuou a súa formación nas categorías inferiores do FC Barcelona. Militou no equipo filial antes de debutar no primeiro equipo na tempada 1988/89, na que xogou 8 partidos en Primeira División. O ano seguinte xogou dous máis cos blaugrana. Sen continuidade no FC Barcelona, marcha cedido ao Real Murcia, donde xoga a tempada 1991/92 na Segunda División. O ano seguinte ficha pola UE Figueres, tamén na categoría de prata.[2] En 1994 ficha pola UE Sant Andreu.[3]

Como adestrador[editar | editar a fonte]

O 15 de xuño de 2012, xa retirado como futbolista, asinou o contrato como segundo adestrador de Tito Vilanova no FC Barcelona.[4]

Dirixiu o equipo durante dous partidos despois da expulsión do primeiro adestrador contra o Osasuna. Tamén foi o elixido para facerse cargo do primeiro equipo desde o 19 de decembro de 2012, día no que Tito Vilanova tivo que prepararse para unha intervención cirúrxica a causa dun cancro, ata o 2 de abril de 2013, cando Vilanova volveu para dirixir novamente o equipo. Durante este período, o conxunto catalán caeu nas semifinais da Copa do Rei, mantivo con solvencia o liderado da Liga e avanzou aos cuartos de final da Liga de Campións.

O 19 de xullo de 2013 converteuse no máximo responsable do primeiro equipo, despois da dimisión forzada e inesperada de Tito Vilanova, cargo que ocupou ata o 26 de xullo, data na que foi presentado o substituto de Vilanova, Gerardo 'Tata' Martino. Durante este breve período de tempo, dirixiu ao equipo nun amigable que xogou o Barça contra o FC Bayern München de Pep Guardiola, partido que gañaron os alemáns por 2-0. Despois da presentación oficial do Tata, dirixiu ao Barcelona en dous partidos amigables máis, contra o Valerenga (0-7) e o Lechia Gdansk (2-2).

O 19 de maio de 2014, o FC Barcelona anunciou o seu nomeamento como director do fútbol formativo blaugrana,[5] cargo no que substituíu a Guillermo Amor.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]