Saltar ao contido

Joost van der Westhuizen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoost van der Westhuizen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Joost Heystek van der Westhuizen Editar o valor en Wikidata
20 de febreiro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Pretoria, Suráfrica Editar o valor en Wikidata
Morte6 de febreiro de 2017 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Xohanesburgo, Suráfrica Editar o valor en Wikidata
Causa da morteesclerose lateral amiotrófica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Pretória (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Peso89 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de rugby Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1993 Editar o valor en Wikidata - 2003 Editar o valor en Wikidata
Deporterugby a 15
Rugby a 7 Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoScrum-half (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1993–2003 Blue Bulls
1993–2003 Selección de rugby de Suráfrica (190)
1996–2003 Bulls
Premios

Páxina webjoost.co.za Editar o valor en Wikidata

Joost van der Westhuizen, nado o 20 de febreiro de 1971 en Pretoria (Suráfrica) e finado o 6 de febreiro de 2017 en Xohanesburgo, foi un xogador de rugby que xogaba na posición de medio de melé. Ó longo da súa carreira defendeu as cores dos Blue Bulls na Currie Cup, dos Bulls no torneo Super Rugby e dos Springboks.

Foi un dos mellores e máis carismáticos xogadores de rugby da historia na súa posición, ben coñecido pola súa velocidade á hora de atacar e a súa ferocidade cando tiña que defender. Levou a capitanía da súa selección dende 1999. Retirado en 2003, ó ano seguinte asinou un contrato para comentar encontros de rugby na canle de televisión surafricana SuperSport. Xa en 2007 foi incluído no International Rugby Hall of Fame, e no IRB Hall of Fame en 2009.

No momento da súa retirada, Joost vd Westhuizen era o xogador con máis encontros internacionais (89) e máis ensaios anotados (38) da historia da Selección de rugby de Suráfrica, coa cal acadou a vitoria na Copa do Mundo de Rugby 1995. O seu récord de encontros internacionais foi superado por Percy Montgomery na Copa do Mundo de Rugby 2007, e mantivo a súa condición de máximo anotador de ensaios ata a Copa do Mundo de Rugby 2011, sendo adiantado por Bryan Habana.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Equipos Tempadas Títulos
Blue Bulls 1993 - 2003 2 Currie Cup (1998, 2002)
Bulls 1996 - 2003
Springboks 1993 - 2003 1 Mundial (1995), 1 Tri Nations (1998)

Enfermidade

[editar | editar a fonte]

O 12 de maio de 2011 fíxose público que Joost van der Westhuizen tiña ELA, unha enfermidade dexenerativa de tipo neuromuscular pola cal unhas células do sistema nervioso diminúen pouco a pouco o seu funcionamento e morren, desencadeando unha parálise muscular que provoca a morte. Nunha conversa con xornalistas da revista The Beeld, Jody Pearl (o seu médico) dixo que Joost van der Westhuizen tiña un 80% de posibilidades de vivir entre 2 e 5 anos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]