Joost van der Westhuizen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Joost van der Westhuizen
Joost van der Westhuizen 2014.jpg
Nacemento20 de febreiro de 1971
 Pretoria
Falecemento6 de febreiro de 2017
 Xohanesburgo
CausaEsclerose lateral amiotrófica
NacionalidadeSuráfrica
Alma máterUniversidade de Pretória
Ocupaciónrugby union player
editar datos en Wikidata ]

Joost van der Westhuizen, nado o 20 de febreiro de 1971 en Pretoria (Suráfrica) e finado o 6 febreiro de 2017 en Xohanesburgo, foi un xogador de rugby que xogaba na posición de medio de melé. Ó longo da súa carreira defendeu as cores dos Blue Bulls na Currie Cup, dos Bulls no torneo Super Rugby e dos Springboks.

Foi un dos mellores e máis carismáticos xogadores de rugby da historia na súa posición, ben coñecido pola súa velocidade á hora de atacar e a súa ferocidade cando tiña que defender. Levou a capitanía da súa selección dende 1999. Retirado en 2003, ó ano seguinte asinou un contrato para comentar encontros de rugby na canle de televisión surafricana SuperSport. Xa en 2007 foi incluído no International Rugby Hall of Fame, e no IRB Hall of Fame en 2009.

Récords[editar | editar a fonte]

No momento da súa retirada, Joost vd Westhuizen era o xogador con máis encontros internacionais (89) e máis ensaios anotados (38) da historia da Selección de rugby de Suráfrica, coa cal acadou a vitoria na Copa do Mundo de Rugby 1995. O seu récord de encontros internacionais foi superado por Percy Montgomery na Copa do Mundo de Rugby 2007, e mantivo a súa condición de máximo anotador de ensaios ata a Copa do Mundo de Rugby 2011, sendo adiantado por Bryan Habana.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Equipos Tempadas Títulos
Blue Bulls 1993 - 2003 2 Currie Cup (1998, 2002)
Bulls 1996 - 2003
Springboks 1993 - 2003 1 Mundial (1995), 1 Tri Nations (1998)

Enfermidade[editar | editar a fonte]

O 12 de maio de 2011 fíxose público que Joost van der Westhuizen tiña ELA, unha enfermidade dexenerativa de tipo neuromuscular pola cal unhas células do sistema nervioso diminúen pouco a pouco o seu funcionamento e morren, desencadeando unha parálise muscular que provoca a morte. Nunha conversa con xornalistas da revista The Beeld, Jody Pearl (o seu médico) dixo que Joost van der Westhuizen tiña un 80% de posibilidades de vivir entre 2 e 5 anos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]