Jon Aurtenetxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jon Aurtenetxe
Kiko Femenia Hércules-Athletic jornada1 2010-11.jpg
Aurtenetxe (dereita) xogando co Athletic
Información persoal
Nome completo Jon Aurtenetxe Borde
Nacemento 3 de xaneiro de 1992 (27 anos)
Lugar Amorebieta, España
Altura 1,82 m
Posición Defensa
Información de club
Club actual Tenerife
Número 15
Carreira xuvenil
2001–2002 Amorebieta
2002–2011 Athletic Club
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2011 Bilbao Athletic 3 (0)
2009– Athletic Club 72 (2)
2013–2014Celta (cedido) 20 (0)
2015–Tenerife (cedido) 9 (0)
Selección nacional
2008–2009 España sub-17 8 (0)
2010–2011 España sub-19 8 (1)
2012– España sub-21 2 (0)
2011– Euskadi 1 (0)

* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 25 de outubro de 2015.
† Aparicións (Goles)

‡ Actualizado a 5 de febreiro de 2013.

Jon Aurtenetxe Borde, nado en Amorebieta (Biscaia), o 3 de xaneiro de 1992, é un futbolista español. Xoga de defensa e o seu actual equipo é o CD Tenerife, cedido polo Athletic Club.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos 17 anos debutou co primeiro equipo o 17 de decembro de 2009 na Europa League contra o Werder Bremen en San Mamés, cando aínda pertencía ao xuvenil. Esa mesma tempada, proclamouse campión da Copa do Rei xuvenil ao vencer ao Real Madrid por 2-0, o 26 de xuño de 2010. Tras facer a pretemporada 2010/11 co primeiro equipo, o adestrador, Caparrós, decidiu contar con el e así, o 29 de agosto de 2010, debutou en liga co primeiro equipo fronte ao Hércules. A partir de entón fíxose coa titularidade do lateral esquerdo, a pesar de que a súa posición natural era a de central, e continuou xogando no primeiro equipo desbancando aos seus tres competidores no posto; Xabi Castillo, Mikel Balenziaga e Koikili. A pesar de ter ficha do Bilbao Athletic, Aurtenetxe non debutou con devandito equipo, habendo saltado directamente do xuvenil ao primeiro equipo.

A súa progresión viuse freada de golpe en decembro de 2010, cando sufriu unha grave lesión que lle fixo perderse o resto da tempada. Unha grave luxación no ombreiro foi a causante, da cal foi operado o 28 de decembro de 2010.[1] Ao final da tempada 2010/11, xogou algúns partidos co Bilbao Athletic para recuperar o estado de forma tras a súa lesión.

En xullo de 2011 o Athletic decidiu darlle ficha do primeiro equipo. No verán de 2013 foi cedido ao Celta de Vigo.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Xogou coa selección española Sub-17 quedando terceiro no mundial de Nixeria 2009 da categoría e en agosto de 2010 subíronlle á sub-19.[2]

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Club Categoría Tempada Liga Copa UEFA Total
Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles
Categoría xuvenil
España Athletic Club Juvenil A División de Honra Xuvenil 2008/09 27 4 7 0 - - 34 4
2009/10 13 2 7 0 - - 20 2
Total club 40 6 14 0 - - 54 6
Carreira profesional
España Athletic Club Primeira División 2009/10 - - - - 1 0 1 0
2010/11 10 0 2 0 - - 12 0
Total club 10 0 2 0 1 0 13 0

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Selección[editar | editar a fonte]

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Athletic Club, ed. (28 de decembro de 2010). "Operación a Jon Aurtenetxe". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2011. Consultado o 13 de xaneiro de 2011. 
  2. Caparrós está molesto pola chamada de Aurtenetxe á sub'19
  3. Athletic Club (ed.). "Ficha oficial de Jon Aurtenetxe". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2010. Consultado o 25 de setembro de 2010. 
  4. Fútbol Draft (ed.). "Premios Fútbol Draft 2010". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2010. Consultado o 8 de outubro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]