Jon Ander Serantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jon Ander
JonAnderSerantes.png
Información persoal
Nome completo Jon Ander Serantes Simón
Nacemento 4 de xaneiro de 1989 (30 anos)
Lugar Barakaldo, Biscaia
Altura 1,82 m
Posición Gardameta
Información de club
Club actual Leganés
Número 13
Carreira xuvenil
Athletic Club
Barakaldo CF
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007–2011 Barakaldo 27 (0)
2008–2009Deusto (ced.)
2008–2014 Bilbao Athletic 44 (0)
2013–2014Barakaldo (ced.) 38 (0)
2014–2015 Lugo 0 (0)
2014–2015Leganés (ced.) 25 (0)
2015– Leganés 42 (0)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

‡ Actualizado a 4 de xuño de 2016.

Jon Ander Serantes Simón, coñecido habitualmente como Jon Ander, nado o 4 de xaneiro de 1989 en Barakaldo, Biscaia, é un futbolista profesional vasco que xoga como gardameta no Club Deportivo Leganés da Segunda División.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Barakaldo, Biscaia, Joan Ander formouse na canteira do conxunto da súa localidade desde cadete, aínda que antes xa militara nas categorías inferiores do Santutxu e do Athletic Club.[1] No Barakaldo CF xoga até a categoría xuvenil, chegando ao primeiro equipo en 2007. Na seguinte tempada é cedido ao Deusto, onde compaxina a súa angueira como gardameta con axudas ao seu pai, de profesión albanel. Ao volver ao Barakaldo é cada vez máis habitual no once do primeiro equipo, polo que desperta o interese do Athletic Club, onde ficha na tempada 2011-12 tras rematar o seu contrato. As dúas seguintes campañas xoga no filial bilbaíno, o Athletic Club, regresando cedido ao Barakaldo na tempada 2013-14, onde é indiscutible na meta do conxunto. A súa boa tempada fai que na tempada 2014-15 asine co Club Deportivo Lugo da Segunda División.

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Categoría Ano Partidos Goles rec.
Barakaldo Segunda B 2007-2008 0 0
Deusto Div. de Honra 2008-2009
Barakaldo Segunda B 2009-2010 8 12
Barakaldo Segunda B 2010-2011 19 22
Athletic B Segunda B 2011-2012 27 26
Athletic B Segunda B 2012-2013 17 12
Barakaldo Segunda B 2013-2014 38 37
Leganés Segunda 2014-2015 25 23
Leganés Segunda 2015-2016

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rodríguez del Teso, Luis (12 de setembro de 2010). La Pizarra de Luis, ed. "Jon Ander Serantes" (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]