John Reed

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Reed
Johnreed1.jpg
Nacemento22 de outubro de 1887 e 2 de outubro de 1887
Lugar de nacementoPortland, Oregón
Falecemento17 de outubro de 1920 e 19 de outubro de 1920
Lugar de falecementoMoscova
Causascrub typhus
SoterradoNecrópole da muralla do Kremlin
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixiónateísmo
Alma máterUniversidade Harvard e Morristown-Beard School
Ocupaciónxornalista, poeta, escritor, guionista e sindicalista
CónxuxeLouise Bryant
Coñecido porTen Days that Shook the World e Insurgent Mexico
Na rede
IMDB: nm0715487 iTunes: 360823907 Musicbrainz: f6940294-52ee-4384-b3c0-cb90e66fd3be WikiTree: Reed-14668 Find a Grave: 1622 Editar o valor em Wikidata
Johnreed.name.jpg
editar datos en Wikidata ]
Funeral de John Reed.

John Reed, nado o 22 de outubro de 1887 en Portland, Oregon,[1] e finado en Moscova o 19 de outubro de 1920, foi un xornalista e escritor estadounidense e activista e político comunista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Procedente dunha familia acomodada de Oregon, fíxose xornalista por influencia do seu pai, un rico industrial con conciencia social, quen o animou a denunciar as miserias do mundo. Cubriu como correspondente de guerra as frontes de Francia, Italia, Alemaña, Turquía e Rusia na primeira guerra mundial. O réxime tsarista encarcelouno en 1916 polos seus artigos, nos que puña en evidencia a corrupción do exército ruso. É famoso pola súa obra Ten Days that Shook the World (en galego, Dez días que estremeceron o mundo), onde conta de primeira man os acontecementos que conduciron á revolución bolxevique.

De volta aos Estados Unidos en agosto de 1919 fundou o Partido Comunista dos Estados Unidos, mais tivo que fuxir da represión norteamericana, marchando de novo a URSS, onde falecería de tifo ao ano seguinte.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Peiró, Claudia (25-10-2017). "Quién fue John Reed, el gran testigo de la Revolución Rusa". infobae.com (en castelán). Consultado o 25-4-2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Reed, J. (2009) Diez días que estremecieron el mundo, Biblioteca Pensamiento Crítico, Público.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]