John Carpenter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
John Carpenter
JohnCarpenter2010.jpg
Carpenter en 2010
Nome completoJohn Howard Carpenter
Nacemento16 de xaneiro de 1948 (71 anos)
LugarCarthage, Nov York
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Relixiónateísmo
Educado enUniversidade do Sur de California, USC School of Cinematic Arts e Western Kentucky University
Cónxuxe(s)Adrienne Barbeau (1979–1984)
Sandy King (dende 1990)
ProfesiónDirector, guionista, produtor, montador, compositor
editar datos en Wikidata ]

John Howard Carpenter, nado en Carthage (Nova York) o 16 de xaneiro de 1948 é un director, guionista, produtor, montador e compositor estadounidense, habitualmente asociado aos xéneros do terror e a ciencia ficción.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carpenter naceu no estado de Nova York, fillo de Milton Jean Carter e do profesor de música Howard Ralph Carpenter.[2] A súa familia mudouse a Bowling Green, Kentucky en 1953.[3] Dende novo foi cativado polos fimes, especialmente os westerns de Howard Hawks e John Ford, e mais polos filmes de terror de orzamento baixo da década de 1950.[4] Comezou a dirixir curtametraxes de terror en 8 mm antes de entrar no instituto.[5] Ingresou na escola de cinema da Universidade do Sur de California en 1968, mais abandonouna tras realizar o seu primeiro filme.[6]

Tras participar en varias curtametraxes realizando diferentes tarefas, dirixiu a comedia negra Dark Star (1974). Porén, Carpenter afirmou que considera que o seu primeiro filme realmente é Asalto á comisaría do Distrito Trece (1976).[7] Dous anos despois dirixiu o grande éxito Halloween, ao que seguiron outros filmes como The Fog (1980) e 1997: Rescate en Nova York (1981).

Tralo fracaso da comedia Big Trouble in Little China (1986), Carpenter viuse obrigado a volver realizar filmes con pouco orzamento. Na década de 1990 continuou o seu declive comercial e tras Fantasmas de Marte (2001) iniciou un retiro que interrompeu coa estrea de The Ward en 2010.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Lost Themes (2015)
  • Remix EP (2015)
  • Lost Themes Remixed (16 de outubro de 2015)

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Zinoman, Jason (24 de xuño de 2011). "A Lord of Fright Reclaims His Dark Domain". The New York Times. 
  2. "John Carpenter Biography (1948–)". Film Reference. 
  3. Kleber, John E., ed. (1992). The Kentucky Encyclopedia. Lexington, Kentucky: The University Press of Kentucky. ISBN 0-8131-1772-0. 
  4. "John Carpenter". Sensesofcinema.com. Consultado o 7 de marzo de 2015. 
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2007. Consultado o 16 de febreiro de 2016. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2009. Consultado o 16 de febreiro de 2016. 
  7. Goldwasser, Dan (9 de maio de 2012). "John Carpenter - Interview". Soundtrack.net. Consultado o 7 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Conrich, Ian; Woods, David eds (2004). The Cinema of John Carpenter: The Technique of Terror (Directors' Cuts). Wallflower Press. ISBN 1-904764-14-2.
  • Hanson, Peter; Herman, Paul Robert eds. (2010). Tales from the Script (Paperback ed.). Nova York, NY: HarperCollins Inc. ISBN 978-0-06-185592-4.
  • Muir, John Kenneth. The Films of John Carpenter, McFarland & Company, Inc. (2005). ISBN 0-7864-2269-6.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]