Joel Cracraft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Joel Cracraft
Nacemento1943
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Columbia
Ocupaciónpaleontólogo e ornitólogo
editar datos en Wikidata ]

Joel L. Cracraft, nado en 1943, é un ornitólogo e paleontólogo estadounidense, actualmente curador de ornitoloxía do Museo Americano de Historia Natural (American Museum of Natural History, AMNH).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cracraft estudou na Universidade de Oklahoma (B.S. en 1964), na Universidade do Estado de Luisiana (M.S. en 1966), e recibiu o seu doutoramento (Ph.D) en 1969 na Universidade de Columbia,[1] cunha tese sobre a morfoloxía funcional da locomoción nas aves.

Ademais do seu traballo ensinou no AMNH e tamén na Universidade de Columbia.

É especialista na sistemática das aves. Analizou as relacións das aves do paraíso de Nova Guinea e illas próximas, e as causas da sú diversificación, así como os córvidos e outros paxaros cantores, entre outros, mediante análises do ADN. Outro foco da súa investigación é a conservación das especies.

Nas décadas de 1970 e 1980 emprendeu unha serie de tentativas (polémicas) sobre a sistemática cladística das aves.[2]

Tamén estudou paleo-bioxeografía, os patróns das árbores filoxenéticas, o concepto de especie, a especiación e outras cuestións da teoría da evolución, nas que traballou con Niles Eldredge.

É membro da Asociación Americana para o Progreso da Ciencia e da Unión Americana de Ornitólogos. Foi presidente da Sociedade de Biólogos Sistemáticos.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • 1973 - "Continental drift, paleoclimatology, and the evolution and biogeography of birds", Journal of Zoology 169: 455-543.
  • 1974 - "Phylogenetic models and classification", Systematic Biology 23: 71-90.
  • 1974 - "Phylogeny and evolution of the ratite birds", Ibis 116: 494-521.
  • 1981 - "Toward a phylogenetic classification of the recent birds of the world (Class Aves)", The Auk: 681-714.
  • 1983 - "Species concepts and speciation analysis", Current Ornithology, 1: 159-187.
  • 1985 - (con Niles Eldredge) Phylogenetic patterns and the evolutionary process. Method and theory in comparative biology. Columbia University Press.
  • 1985 - "Historical biogeography and patterns of differentiation within the South American avifauna: areas of endemism", Ornithological Monographs. American Ornithologists Union, pp. 49–81.
  • 1988 - "Deep-history biogeography: retrieving the historical pattern of evolving continental biotas", Systematic Biology 37: 221-236.
  • 1988 - "The major clades of birds", wn The phylogeny and classification of the tetrapods 1: 339-361.
  • 1999 - Edición con F. Grifo The Living Planet in Crisis: Biodiversity Science and Policy. Columbia University Press
  • 2004 - (con F. Keith Barker, Michael Braun, John Harshman, Gareth J. Dyke, Julie Feinstein, Scott Stanley, Alice Cibois, Peter Schikler, Pamela Beresford, Jaime García-Moreno, Michael D. Sorenson, Tamaki Yuri, David P. Mindell) "Phylogenetic relationships among modern birds (Neornithes): toward an avian tree of life", en J. Cracraft & M. J. Donoghue (eds.) Assembling the Tree of Life PDF. New York: Oxford University Press. ISBN 0-1951-7234-5, pp. 468–489.
  • 2004 - (con F. Keith Barker, Alice Cibois, Peter Schikler, Julie Feinstein) "Phylogeny and diversification of the largest avian radiation", Proc. National Academy of Sciences USA, 101: 11040–11045.
  • 2004 - Edición con M. J. Donoghue: Assembling the Tree of Life. Oxford University Press.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Cracraft emprégase para recoñecer a Joel Cracraft como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Currículo de Joel L. Cracraft na web do AMNH.
  2. J. L. Cracraft, F. K. Barker, M. Braun, J. Harshman, G. J. Dyke, J. Feinstein, S. Stanley, A. Cibois, P. Schikler, P. Beresford, J. García-Moreno, M. D. Sorenson, T. Yuri & D.P. Mindell (2004): "Phylogenetic relationships among modern birds (Neornithes): toward an avian tree of life", en J. Cracraft & M. J. Donoghue (eds.) Assembling the Tree of Life. New York: Oxford University Press. ISBN 0-1951-7234-5, pp. 468–489.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]