Saltar ao contido

Joaquim Pla Janini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoaquim Pla Janini
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1879 Editar o valor en Wikidata
Tarragona, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de febreiro de 1970 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEspañola
Actividade
OcupaciónMédico e fotógrafo
MovementoPictorialismo e novecentismo

BNE: XX1028018


Joaquim Pla Janini, nado en Tarragona en 1879 e finado en Barcelona en 1970, foi un médico e fotógrafo pictorialista.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1923 crea xunto a Josep Desmestres, Salvador Lluch e Claudi Carbonell a Agrupación Fotográfica de Cataluña, da que será presidente entre 1927 e 1930.[2]

Na súa obra apreciase a influencia do novecentismo, traballando diversos temas como a relixón, a familia, a vestimenta e as naturezas mortas, tentando sempre proporcionar ás súas obras as características das obras de arte da pintura. Considérase, tanto pola súa temática como polo emprego de impresións nobres, a goma bicromatada e o bromoleo, como referente do pictorialismo. Por isto foi un dos defensores das técnicas pigmentarias despois da Guerra Civil Española.

Publicou as súas fotografías en revistas como Lux, en 1921, e Art de la Llum, entre 1933 e 1935. Algunhas das súas obras poden atoparse no Museo Nacional de Arte de Cataluña.

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • 1930: IV Salón do Xapón e XXV exposición do Salón de Londres
  • 1931: V Salón da Xapón e Campionato británico
  • 1952: Medalla de ouro na Foto bienal internacional da F.I.A.P. en Salzburgo
  1. Newhall, B.; Fontcuberta, Joan (1983). Historia de la fotografía. desde sus orígenes hasta nuestros días (en castelán). Editorial Gustavo Gili. ISBN 84-252-1163-8. 
  2. "Joaquim Pla i Janini". Metges Catalans (en catalán). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]