Joan Tardà

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoan Tardà

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ca) Joan Tardà i Coma Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de setembro de 1953 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Cornellà de Llobregat, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
18 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019

Circunscrición electoral: Barcelona

Electo en: Q63865501 Traducir
Deputado no Congreso dos Deputados
11 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado no Congreso dos Deputados
5 de decembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado no Congreso dos Deputados
28 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado no Congreso dos Deputados
30 de marzo de 2004 – 1 de abril de 2008

Circunscrición electoral: Barcelona

Electo en: Q65054858 Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , profesor de ensino secundario Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEsquerra Republicana de Catalunya (1996–)
Nacionalistes d'Esquerra (en) Traducir (década de 1980–1984)
Partit Socialista Unificat de Catalunya (1974–1976)
Communist Organization of Spain (en) Traducir (1974–1974) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3616139 Facebook: joan.tardacoma Twitter: JoanTarda Editar o valor em Wikidata

Joan Tardà i Coma, nado en Cornellà de Llobregat o 26 de setembro de 1953, é un político e profesor de secundaria catalán, militante de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC).[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduado en Filosofía e Letras, é profesor de Lingua e Literatura no instituto de educación secundaria Esteve Terras.[2]

Militante do PSUC dende 1974 a 1976. Dende a súa fundación, participou na Asemblea dos Comisarios e Concelleiros da Esquerda Nacionalista, integrouse na organización política Nacionalistes d'Esquerra (NE) e no Comité de Solidariedade cos Patriotas Cataláns, creado en Cornellà a principios dos anos oitenta. Ó disolverse NE, afiliouse a Esquerra e foi presidente en Cornellà durante o período 1996-1999.

Formou parte do primeiro concello democrático de Cornellà de Llobregat, en 1979, elixido como independente na candidatura do PSUC. En 1999, foi elixido concelleiro do municipio, onde liderou a candidatura de Esquerra, e no 2003 foi re-elixido no cargo, ó cal renunciou en setembro de 2004. Deputado pola provincia de Barcelona nas eleccións xerais de 2004, 2008 e 2011. É o voceiro do grupo ERC-RI-CATSÍ no Congreso dos Deputados.

Destacou no seu traballo parlamentario polas súas intervencións en catalán, o cal o enfrontou moitas veces co presidente da Cámara, Manuel Marín, e polas propostas sobre a Lei de memoria histórica. En decembro de 2008, protagonizou unha controversia durante o Día da Constitución ó berrar nun acto de JERC "morte ó Borbón", alegando que era un clamor popular de 1714 durante a guerra de sucesión española.

En novembro de 2013, un debate nas redes sociais sobre un erro no momento de votar unha emenda levou ó deputado a denunciar nunha carta insultos e ameazas.[3] A polémica xurdiu cando Vítor Suárez, activista do asturiano, recriminou o seu voto en contra da modificación do orzamento de Foro Asturias, que propuxo un orzamento de estado de 143.000 € para a Academia da Lingua Asturiana,[4] Tardà xustificou a súa decisión dicindo que fora un "erro procesual".

Nas eleccións xerais en 2015, Joan Tardà foi número dous na lista de Barcelona, por Esquerra Republicana de Catalunya.[5]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Republicans i catalanistes al Baix Llobregat a principi del segle XX: modernització dels comportaments polítics i socials, 1900-1923 (1991).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Joan Tardà» (en castellà).
  2. Esquerra.cat (ed.). "Joan Tardà". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2011. Consultado o 10 de outubro de 2011. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2016. Consultado o 07 de decembro de 2016. 
  4. https://twitter.com/JoanTarda/status/402450283143630848
  5. 324.cat, ed. (7 de novembro de 2015). "Gabriel Rufián serà el cap de llista d'ERC a les eleccions del 20D". Consultado o 7 de novembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]