Manuel Marín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Manuel Marín González»)
Infotaula de personaManuel Marín González
Nome orixinal(es) Manuel Marín Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de outubro de 1949 Editar o valor em Wikidata
Cidade Real
Morte4 de decembro de 2017 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Madrid
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Cargos
Presidente do Congreso dos Deputados
Período2 de abril de 2004 - 1 de abril de 2008
AntecesorLuisa Fernanda Rudi Úbeda
SucesorJosé Bono Martínez
Presidente da Comisión Europea (en funcións)
Período15 de marzo de 1999 - 12 de setembro de 1999
AntecesorJacques Santer
SucesorRomano Prodi
Vicepresidente da Comisión Europea
AntecesorFrançois-Xavier Ortoli
SucesorLeon Brittan
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Nancy-Université (en) Traducir
Colégio da Europa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPSOE
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Manuel Marín González, nado en Cidade Real o 21 de outubro de 1949 e finado en Madrid o 4 de decembro de 2017,[1] foi un político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito na Universidade Complutense de Madrid, marchou ao estranxeiro para se especializar en Dereito Europeo na Universidade de Nancy (Francia)[1] e no Colexio de Europa de Bruxas (Bélxica), sendo este último polo que posúe o Certificado de Altos Estudos Europeos e do que foi profesor.

Política española[editar | editar a fonte]

Durante a súa estadía en Bélxica entra en contaco co Partido Socialista (PSOE) ao que se afiliará en 1974,[1] e no que traballará no departamento de Relacións Internacionais. Elixido deputado pola provincia de Cidade Real nas primeiras eleccións democráticas de xuño de 1977 nas listas do PSOE, foi reelixido nas eleccións de 1979 e 1982.

Política europea[editar | editar a fonte]

Despois da vitoria do PSOE nas eleccións do 28 de outubro de 1982, converteuse en decembro de 1982, en Secretario de Estado para as relacións coas Comunidades Europeas, cargo desde o que participou moi activamente na fase final das negociacións de España coas CCEE que culminarían coa firma o 12 de xuño de 1985 no Palacio Real de Madrid da Acta de Adhesión de España á Comunidade Económica Europea. Abandonou o cargo en outubro de 1985, ao ser proposto como un dos dous comisarios españois a partir da entrada en vigor do tratado de adhesión.

O 1 de xaneiro de 1986 converteuse en membro da Comisión Europea, sendo vicepresidente da mesma durante varios períodos baixo a presidencia de Jacques Delors e Jacques Santer. Durante este tempo foi titular de carteiras moi variadas, desde a de pesca, até a cooperación ao desenvolvemento e as relacións cos países do Mediterráneo. Despois da renuncia de Jacques Santer como presidente en 1999 e, dende o 20 de xullo, até a toma de posesión do seu sucesor Romano Prodi o 16 de setembro de 1999, encargouse da presidencia en funcións.[2]


Predecesor:
Jacques Santer
 
Presidente da Comisión Europea
 
1999 - 1999
Sucesor:
Romano Prodi

Presidencia do Congreso dos Deputados[editar | editar a fonte]

De volta á política española, foi elixido deputado por Cidade Real nas listas do PSOE nas eleccións xerais de 2000 e 2004. Durante a VIII lexislatura (de abril de 2004 -abril 2008) foi elixido Presidente do Congreso dos Deputados de España.

Tamén será recordado por se-lo primeiro presidente do Congreso dos Deputados que, no período democrático, expulsou un deputado (Vicente Martínez Pujalte) tras chamalo en tres ocasións á orde.[3]

Abandono da política[editar | editar a fonte]

O 15 de novembro de 2007, anunciou en Cidade Real a súa retirada da vida política, para dedicarse á loita contra o cambio climático.[4][5] O 22 de xullo de 2008, é nomeado presidente da Fundación Iberdrola, baixo o mando de Ignacio Sánchez Galán e con colaboradores como Rafael Landín, Carmen Recio etc., a proposta de Ignacio Sánchez Galán, presidente de devandita compañía.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]