Joan Tardà
![]() (2019) ![]() | |
Nome orixinal | (ca) Joan Tardà i Coma ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de setembro de 1953 ![]() Cornellà de Llobregat, España ![]() |
![]() | |
18 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Barcelona | |
![]() | |
11 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Barcelona Electo en: eleccións ao Congreso dos Deputados de 2015 | |
![]() | |
5 de decembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016 Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Barcelona Electo en: 2011 Spanish Chamber of Deputies election (en) ![]() | |
![]() | |
28 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011 Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Barcelona Electo en: election to the Congress of Deputies 2008 (en) ![]() | |
![]() | |
30 de marzo de 2004 – 1 de abril de 2008 Lexislatura: VIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Barcelona | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | político, profesor de ensino secundario ![]() |
Partido político | Esquerra Republicana de Catalunya (1996–) Nacionalistes d'Esquerra (década de 1980–1984) Communist Organization of Spain (en) ![]() Partit Socialista Unificat de Catalunya (1974–1976) Q28496696 ![]() ![]() |
Sitio web | joan-tarda.esquerrarepublicana.cat ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Joan Tardà i Coma, nado en Cornellà de Llobregat o 26 de setembro de 1953, é un político e profesor de secundaria catalán, militante de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC).[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduado en Filosofía e Letras, é profesor de Lingua e Literatura no instituto de educación secundaria Esteve Terras.[2]
Militante do PSUC dende 1974 a 1976. Dende a súa fundación, participou na Asemblea dos Comisarios e Concelleiros da Esquerda Nacionalista, integrouse na organización política Nacionalistes d'Esquerra (NE) e no Comité de Solidariedade cos Patriotas Cataláns, creado en Cornellà a principios dos anos oitenta. Ó disolverse NE, afiliouse a Esquerra e foi presidente en Cornellà durante o período 1996-1999.
Formou parte do primeiro concello democrático de Cornellà de Llobregat, en 1979, elixido como independente na candidatura do PSUC. En 1999, foi elixido concelleiro do municipio, onde liderou a candidatura de Esquerra, e no 2003 foi re-elixido no cargo, ó cal renunciou en setembro de 2004. Deputado pola provincia de Barcelona nas eleccións xerais de 2004, 2008 e 2011. É o voceiro do grupo ERC-RI-CATSÍ no Congreso dos Deputados.
Destacou no seu traballo parlamentario polas súas intervencións en catalán, o cal o enfrontou moitas veces co presidente da Cámara, Manuel Marín, e polas propostas sobre a Lei de memoria histórica. En decembro de 2008, protagonizou unha controversia durante o Día da Constitución ó berrar nun acto de JERC "morte ó Borbón", alegando que era un clamor popular de 1714 durante a guerra de sucesión española.
En novembro de 2013, un debate nas redes sociais sobre un erro no momento de votar unha emenda levou ó deputado a denunciar nunha carta insultos e ameazas.[3] A polémica xurdiu cando Vítor Suárez, activista do asturiano, recriminou o seu voto en contra da modificación do orzamento de Foro Asturias, que propuxo un orzamento de estado de 143.000 € para a Academia da Lingua Asturiana,[4] Tardà xustificou a súa decisión dicindo que fora un "erro procesual".
Nas eleccións xerais en 2015, Joan Tardà foi número dous na lista de Barcelona, por Esquerra Republicana de Catalunya.[5]
Obras
[editar | editar a fonte]- Republicans i catalanistes al Baix Llobregat a principi del segle XX: modernització dels comportaments polítics i socials, 1900-1923 (1991).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Joan Tardà» (en castellà).
- ↑ Esquerra.cat (ed.). "Joan Tardà". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2011. Consultado o 10 de outubro de 2011.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2016. Consultado o 07 de decembro de 2016.
- ↑ https://twitter.com/JoanTarda/status/402450283143630848
- ↑ 324.cat, ed. (7 de novembro de 2015). "Gabriel Rufián serà el cap de llista d'ERC a les eleccions del 20D". Consultado o 7 de novembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joan Tardà ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Esquerda.cat - Blog de Joan Tardà Arquivado 04 de decembro de 2013 en Wayback Machine.
- Páxina do Congreso dos Deputados de Joan Tardà
- Nados en 1953
- Nados en Cornellà de Llobregat
- Personalidades da política de Cataluña
- Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)
- Comunistas de España