Joan Fontcuberta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Joan Fontcuberta
Joan Fontcuberta entrevistat a Ràdio Web Macba.jpg
Joan Fontcuberta entrevistado en Ràdio Web Macba en 2014.
Nome completoJoan Fontcuberta i Villà
Nacemento24 de febreiro de 1955
 Barcelona
ÁreaFotografía e ensaio
Páxina webfontcuberta.com
editar datos en Wikidata ]

Joan Fontcuberta i Villà, nado o 24 de febreiro de 1955 en Barcelona, é un artista, docente, ensaísta, crítico e promotor de arte catalán especializado en fotografía, premio David Octavious Hill pola Fotografisches Akademie GDL de Alemaña en 1988, Chevalier de l'Ordre des Arts et des Lettres polo Ministerio de Cultura en Francia en 1994, Premio Nacional de Fotografía, outorgado polo Ministerio de Cultura de España en 1998 e Premio Nacional de Ensaio en 2011.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Ciencias da Información, Fontcuberta é profesor de Estudos de Comunicación Audiovisual na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona e na Universidade Harvard de Cambridge, Massachusetts, funcións que desenvolve simultaneamente coa súa colaboración con diversas publicacións especializadas en imaxe. En 1980 foi co-fundador da revista PhotoVision, editada en formato bilingüe español e inglés, ocupando o cargo de redactor xefe.

Como promotor de eventos relacionados coa arte fotográfica, organizou as Xornadas Catalanas de Fotografía en 1979, y en 1982 colaborou na constitución da Primavera Fotográfica de Barcelona. En 1984 foi o comisario da exposición Idas y Caos. Vanguardias fotográficas en España 1920-1945, exhibida na Biblioteca Nacional de Madrid e no Centro internacional de Fotografía (ICP) de Nova York, e máis tarde Creación Fotográfica en España 1968-88 exhibida no Museo Cantini de Marsella e no Centro de Arte Santa Mónica de Barcelona. En 1996 foi nomeado director artístico do Festival Internacional de Fotografía de Arlés. En 1998 obtivo o Premio Nacional de Fotografía do Ministerio de Cultura de España. En 2011 obtivo o Premio Nacional de Ensaio que concede o Ministerio de Cultura pola súa obra La cámara de Pandora.

A súa extensa obra fotográfica caracterízase polo uso de ferramentas informáticas no seu tratamento e a súa presentación de xeito interactivo co espectador. Ao igual que outros artistas contemporáneos, representa unha visión crítica da realidade, as verdades fotográficas, históricas ou ficticias a través da fotografía e o seu contexto.

Entre 1985 e 2001, a obra de Fontcuberta foi exposta en más de trinta museos e salas de arte de Europa, Norteamérica e Xapón, como o Museo Folkwang de Essen en 1987, o Museo de Arte Moderna de Nova York en 1988, o Centro Andaluz de Arte Contemporánea en 1989, o IVAM de Valencia en 1992, a Parco Gallery de Tokio en 1992, o Museo de Belas Artes de Bilbao en 1995, o Museo do Elíseo de Lausana en 1999, o Museo Nacional de Arte de Cataluña de Barcelona en 1999, ou o Museo Redpath de Montreal en 1999.

A súa obra foi adquirida por coleccións públicas, especialmente de Estados Unidos, Alemaña, Francia, España e Arxentina, como o Centro Pompidou de París, o Museo Metropolitano de Arte e o Museo de Arte Moderna de Nova York, o Art Institute de Chicago, o Museum für Kunst und Gewerbe de Hamburgo, o IVAM de Valencia e o Museo de Belas Artes de Buenos Aires.

O día 7 de marzo de 2013 Fontcuberta gañou o prestixioso Premio Internacional de Fotografía Hasselblad.