Saltar ao contido

Jo Inge Berget

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJo Inge Berget

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de setembro de 1990 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Gran, Noruega (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura186 cm Editar o valor en Wikidata
Peso78 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaNoruega Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaPremier League e Major League Soccer Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Número deportivo23 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2007–2008 FC Lyn Oslo 5(0)
2008–2008 FC Lyn Oslo 2(0)
2008–2011 Udinese Calcio 0(0)
2009–2009 cesión FC Lyn Oslo 27(5)
2010–2011 cesión Strømsgodset IF 31(8)
2011–2014 Molde FK 63(17)
2011–2014 Norway national under-23 association football team 4(3)
2014–2014 cesión Celtic F.C. 4(2)
2014–2015 Cardiff City F.C. 1(0)
2014–2015 cesión Celtic F.C. 4(2)
2015–2017 Malmö FF 77(25)
2018–2018 New York City FC 23(4)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2006–2006   Noruega sub-16 1(0)
2007–2007   Noruega sub-17 3(0)
2008–2008   Noruega sub-18 9(5)
2009–2009   Noruega sub-19 4(2)
2009–2013   Noruega sub-21 22(7)
2012–   Noruega
Familia
IrmánsMarte Berget Editar o valor en Wikidata

UEFA: 108933 Editar o valor en Wikidata

Jo Inge Berget,[1] nado en Hadeland o 11 de setembro de 1990, é un futbolista noruegués que xoga como dianteiro do Malmö FF na Allsvenskan.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Berget comezou a súa carreira no Lyn e en xullo de 2008 firmou un contrato por tres anos co Udinese canda o seu compañeiro Odion Ighalo e comezaron a xogar na liga xuvenil sub-20, Primavera, así e todo en marzo de 2009 volveu cedido ao Lyn ata o 2 de agosto e en decembro de 2009 ao Strømsgodset por un ano, aínda que en xaneiro de 2011 prolongouse o seu préstamo ata o 31 de decembro de 2011, mais rescindiuse ao vender a Berget ao Molde en xullo de 2011.[2]

Jo Inge Berget xogando co Lyn en 2009.

Berget fichou por tres anos co Molde en setembro de 2011 e debutou nunha vitoria 1 a 0 contra o Lillestrøm, substituíndo a Mattias Moström no minuto 74. O seu primeiro gol foi no decisivo partido contra o Tromsø, logo do cal o Molde FK celebrou o seu primeiro campionato de liga.

Cardiff City e Celtic

[editar | editar a fonte]

O 24 de xaneiro de 2014, firmou co Cardiff City, adestrado por Ole Gunnar Solskjær, con quen xa estivera no Molde.[3] Debutou o 15 de febreiro na quinta rolda da FA Cup, nunha derota 1–2 contra o Wigan Athletic.[4] Unha semana máis tarde debutou na Premier League xogando os 11 últimos minutos no lugar de Fraizer Campbell nunha derrota 0–4 contra o Hull City.[5] O Cardiff acabou a tempada en 20.ª posición e baixou de categoría.

O club cedeuno ao Celtic en xullo de 2014.[6] No seu debut anotou dúas veces contra o Dundee United nunha vitoria por 6 a 1.[7] Volveu ao Cardiff o 1 de xaneiro de 2015 e dúas semanas máis tarde cancelouse o seu contrato por consentimento mutuo.[8]

Malmö FF

[editar | editar a fonte]

O 19 de xaneiro de 2015 firmou por tres anos co campión sueco, o Malmö FFe o 19 de agosto de 2015, marcou contra o seu antigo equipo, o Celtic, nunha derrota 3–2 na clasificación da Liga de Campións.[9]

Carreira internacional

[editar | editar a fonte]

Berget debutou con Noruega o 18 de xaneiro de 2012 na King's Cup en Tailandia, xogando a primeira metade dunha vitoria 1–0 sobre Tailandia en Bangkok.[10]

  1. "Premier League Clubs submit Squad Lists" (PDF). premierlegue.com. 4 de febreiro de 2014. p. 6. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de marzo de 2014. Consultado o 30 de outubro de 2016. 
  2. "Solskjær henter Jo Inge Berget til Molde". TV2. 28 de xullo de 2011. 
  3. "Cardiff City sign Norway forward Jo Inge Berget". BBC. 24 de xaneiro de 2014. 
  4. "Cardiff City 1 Wigan Athletic 2". BBC. 22 de febreiro de 2014. 
  5. "Cardiff City 0 Hull City 4". BBC. 22 de febreiro de 2014. 
  6. "Celtic signing Jo Inge Berget is a 'perfect match' for the club, says boss Ronny Deila". Daily Mail. 29 de xullo de 2014. 
  7. "Celtic sign Cardiff striker Jo Inge Berget on loan". BBC. 28 de xullo de 2014. 
  8. "Cardiff City: Norwegian striker Jo Inge Berget departs". BBC. 16 de xaneiro de 2015. 
  9. "Celtic on top but Berget gives Malmö hope". uefa.com. 
  10. "Thailand vs. Norway". national-football-teams.com.