Jidi Majia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJidi Majia

(2017) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoxuño de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Sichuan, República Popular da China Editar o valor em Wikidata
Membro do Comité Nacional da Conferencia Consultiva Política do Pobo Chinés

Membro da Asemblea Popular Nacional
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Popular da China Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , político , poeta Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de China Editar o valor em Wikidata
Jidi Majia no Festival de Xichang (2017)
Jidi Majia no Festival de Xichang (2017)

Jidi Majia (chinés simplificado: 吉狄马加; pinyin: Jídí Mǎjiā), nado o 1 de xuño de 1961 en Zhaojue (provincia de Sichuan), é un escritor e político chinés de etnia nuosu.[1] A súa obra Rapsodia en negro (2016) foi publicada en galego pola Editorial Galaxia.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduouse en Lingua Chinesa pola Universidade das Nacionalidades do Suroeste.[3] No ano 1984, ingresou no Partido Comunista da China.[4] Entre 2006 e 2010, foi vicegobernador da provincia de Qinghai.[5] É o presidente da Asociación de Escritores Étnicos Chineses e vicepresidente da Asociación de Escritores da China.[1][6]

Foi premiado con diversos galardóns, como a Medalla do Memorial Shólokhov da Asociación de Escritores Rusos no ano 2006, un Título de honra pola Universidade Nacional de Trujillo (Perú) no ano 2015, ou a Medalla Europea Homero da Poesía e das Artes no ano 2016.[1] É un dos escritores máis recoñecidos pertencente a unha das minorías étnicas da China.[5]

Traducións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Rapsodia en negro". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-12-03. 
  2. "Rapsodia en negro — 黑色狂想曲 (Heise Kuangxiang Qu) — La literatura china traducida en España". dtieao.uab.cat. Consultado o 2023-12-03. 
  3. "青海省新一届省委书记、副书记、常委简历(图)". district.ce.cn. Consultado o 2023-12-03. 
  4. "吉狄马加". 百度百科. Consultado o 2023-12-03. 
  5. 5,0 5,1 "Jidi Majia (China, 1961)". www.wpm2011.org (en inglés). Consultado o 2023-12-03. 
  6. "Jidi Majia, a Chinese poet in Athens". web.archive.org. 2017-03-12. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2017. Consultado o 2023-12-03. 
  7. "Rapsodia en negro". editorialgalaxia.gal. Consultado o 3 de decembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]