Jiří Trnka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jiří Trnka
Nacemento24 de febreiro de 1912
LugarPlzeň
Falecemento30 de decembro de 1969
LugarPraga
SoterradoÚstřední hřbitov (Plzeň)
NacionalidadeChecoslovaquia e Imperio Austrohúngaro
Educado enAcademia de Artes, Arquitectura e Deseño
FillosJiří Trnka, Klára Trnková e Helena Trösterová-Trnková
Profesióndirector de cinema, guionista, produtor de cinema, escritor, ilustrador, pintor, monicrequeiro, animador, pedagogo, escultor, escenógrafo, artista gráfico, puppet designer, debuxante, mestre, artista visual, diseñador de vestuario, roteirista de cinema e realizador
Na rede
IMDB: nm0873240 Allmovie: p119007
Discogs: 1847419 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jiří Trnka nado o 24 de febreiro de 1912, en Plzeň e finado o 30 de decembro de 1969 en Praga, foi un titiriteiro, ilustrador, animador e director de cine checo, coñecido polas súas obras cinematográficas.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jiří Trnka licenciouse na Escola Superior de Artes Aplicadas de Praga, en 1936 idealizou un teatro de monicreques, creado ao comezo da Segunda guerra mundial e no canto do teatro, deseñou escenarios e ilustrou libros para nenos durante toda a guerra.

Despois da guerra creou un departamento de animación nos estudos cinematográficos de Praga. Trnka era coñecida mundialmente por ser o mellor titiriteiro do método checo e gañou varios premios en festivais de cine. Foi chamado "The Walt Disney of the East".

En 1946, no Festival de Cannes, gañou un premio, un ano despois comeza a traballar no cine. As súas películas foron feitas para un público adulto. A principios de 1948, o goberno comunista checo comezou a subvencionar o seu traballo, aínda que o seu estilo e mensaxe permaneceron inalterados, ademais de películas, tamén debuxou debuxos animados, escribiu guións para a maioría das súas películas. En 1949 gañou o premio Hans Christian Andersen, o máximo galardón da literatura infantil. Morreu en 1969 por problemas cardíacos.

Películas máis coñecidas[editar | editar a fonte]

  • The Czech Year - 1947;
  • Song of the Prairie - 1949;
  • The Emperor's Nightingale - 1949;
  • Old Czech Legends - 1953;
  • A Midsummer Night's Dream (Sonhos de uma Noite de Verão) - 1959;
  • The Cybernetic Grandma - 1962;
  • The Archangel Gabriel and Mrs. Goose - 1964;
  • The hand - 1965.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sadoul, Georges, and Peter Morris. Dictionary of film makers. University of California Press, 1972. Páxinas 255–56.

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.