Saltar ao contido

Jesús Otero Calvo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJesús Otero Calvo
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1950 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Podente, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Monterroso
2015 – outubro de 2016 (inhabilitación para cargos públicos)
← Antonio Gato Soengas Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , profesor de ensino secundario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Jesús Otero Calvo, nado en Podente (Monterroso) o 20 de agosto de 1950, é un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Xeografía e Historia. Foi profesor de secundaria en Sarria, Mondoñedo, Monterroso e Lugo, e director dos institutos San Rosendo de Mondoñedo, de Monterroso e do IES Leiras Pulpeiro de Lugo.

Militante do PSdeG-PSOE, nas municipais de 1983 encabezou a candidatura socialista en Monterroso e foi elixido concelleiro e portavoz do grupo na oposición, onde se mantivo ata 1987. Volvería á primeira liña política en 1991 encabezando novamente a candidatura do PSdeG en Monterroso, logrando mellorar ata os 5 edís, se ben o PPdeG revalidou a alcaldía por un concelleiro. Volveu selo candidato socialista en 1995 mais tampouco logrou a alcaldía, polo que permaneceu como portavoz municipal ata a fin dese mandato.

Trala vitoria do PSOE nas Eleccións Xerais de 2004 foi nomeado Subdelegado do Goberno en Lugo. Permaneceu no cargo ata que en marzo de 2009 presentou a súa dimisión pola trama das multas na Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo[1]. En xullo de 2010 tamén foi imputado na Operación Carioca[2], do que saíu absolto en decembro de 2019.[3] Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura INTA (Independentes Terras do Asma) en Monterroso formada con outras dez persoas que integraran antes candidaturas do PSdeG e do BNG[4] e foi elixido alcalde ao obter a maioría absoluta. Finalmente, en xullo de 2015 foi condenado pola Audiencia de Lugo por tráfico de influencias en canto á trama das multas[5]. Tras confirmar o Tribunal Supremo a condena, en outubro de 2016 asinou o seu cesamento como alcalde para cumpri-la condena de inhabilitación[6]. Unha vez cumprida a condena, en novembro de 2017 regresou ao concello como asesor do goberno local da súa candidatura[7]. Permaneceu como asesor ata as municipais de 2019, cando decidiu non concorrer novamente co seu grupo ós comicios[8].


Predecesor:
Antonio Gato Soengas
 
Alcalde de Monterroso
 
2015 - 2016
Sucesor:
Miguel Rico Gómez

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]