Saltar ao contido

Jesús Hermida Cebreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJesús Hermida Cebreiro
Biografía
Nacemento10 de setembro de 1933 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
IrmánsBenito Hermida Cebreiro Editar o valor en Wikidata
Premios

Jesús Hermida Cebreiro, nado en Santiago de Compostela[1] ou Marín[2] o 10 de setembro de 1933, é un antigo atleta, político e dirixente deportivo galego, que chegou a presidir o Comité Olímpico Español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Enxeñeiro pola Universidade Politécnica de Madrid, e licenciado en Dereito, completou a súa formación no campo do turismo. Practicou o atletismo coa Sociedad Gimnástica de Pontevedra, e chegou a campión de España.

Cando se retirou da práctica deportiva activa comezou a súa carreira como dirixente deportivo, primeiro a nivel local e logo a nivel español. Foi presidente do Consello Superior de Deportes e posteriormente (1979) foi escollido secretario de estado para o deporte polo goberno de Adolfo Suárez, posto que mantivo no primeiro goberno de Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo e ata a vitoria electoral do Partido Socialista en 1982. Paralelamente, proseguiu a súa carreira no movemento olímpico, e foi secretario técnico do Comité Olímpico Español e entre 1980 e 1983 presidente desta entidade, posto que simultaneou co de máxima autoridade deportiva no plano político.

Dentro do deporte universitario, foi asesor do Comité executivo da Federación Internacional de Deporte Universitario nos anos setenta, e o encargo de dirixir a Universíada celebrada en México DF en 1977.

[editar | editar a fonte]

Nos anos noventa, xa como militante do Partido Popular, foi designado polo goberno de José María Aznar gobernador civil en Cádiz, posto que ocupou entre 1996 e 1997, e posteriormente en Toledo (1997-2003), baixo a nova denominación de subdelegado do goberno. Na actualidade segue a ser membro do Comité Olímpico Español en calidade de expresidente[3].


Predecesor:
Benito Castejón
 presidente do COE 
1980-1983
Sucesor:
Romá Cuyás

Galardóns

[editar | editar a fonte]
  1. Enciclopedia Galega Universal, Ir Indo, tomo X, 212
  2. web da Sociedad Gimnástica de Pontevedra
  3. "Consejo de Honor". Comité Olímpico Español (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2007. Consultado o 7 de decembro de 2008.