Jesus Altuna
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (eu) Jesus Altuna Etxabe 27 de xullo de 1932 Berastegi |
| Grupo étnico | Pobo vasco |
| Educación | Universidade Complutense de Madrid - doutoramento |
| Director de tese | Emiliano Aguirre |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Donostia |
| Ocupación | arqueólogo, zooarqueólogo, paleoantropólogo, antropólogo, paleontólogo, profesor universitario |
| Empregador | Universidade do País Vasco |
| Membro de | |
| Premios | |
Jesus Altuna Etxabe, nado en Berastegi o 27 de xullo de 1932, é un antropólogo e arqueólogo vasco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Filosofía e Teoloxía nos seminarios de Vitoria e Donostia, e Ciencias Biolóxicas na Universidade de Madrid.[1]
Como antropólogo colaborou en escavacións arqueolóxicas dirixidas por outros arqueólogos na zona cantábrica, en particular José Miguel de Barandiarán no País Vasco, entre 1960 e 1972. Tamén participou en escavacións arqueolóxicas na Nubia Sudanesa baixo o encargo da Unesco. Foi director de escavacións arqueolóxicas dende 1973, especialmente no País Vasco.
Foi catedrático do Instituto José María Usandizaga de Ensino Medio de Donostia. En 1980, incorporouse á Universidade do País Vasco, onde foi catedrático de Didáctica das Ciencias Experimentais até 2002, cando se xubilou. As súas áreas principais de investigación e traballo son a zooarqueoloxía de sitios prehistóricos, a arte paleolítica e a protección do patrimonio arqueolóxico.
Dende 1960 desenvolveu as súas investigacións no Departamento de Prehistoria da Sociedade de Ciencias Aranzadi, da que chegou a ser presidente da Sociedade, director do seu Departamento de Prehistoria e da revista Munibe Antropologia-Arkeologia.[2]
É membro do Comité de Honra do ICAZ (International Council for Archaeozoology).[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Auñamendi Eusko Entziklopedia". Consultado o 8 de febreiro de 2017.
- ↑ "Aranzadi". 2006. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 8 de febreiro de 2017.
- ↑ "International Council for Archaeozoology" (en inglés). Consultado o 8 de febreiro de 2017.