Jessie Lipscomb

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJessie Lipscomb

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1861 Editar o valor em Wikidata
Grantham, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte12 de xaneiro de 1952 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927)
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónRoyal College of Art (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscultura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescultora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata


Jessie Lipscomb, nada en Grantham o 13 de xuño de 1861 e finada o 12 de xaneiro de 1952, foi unha escultora inglesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jessie Lipscomb foi filla dun representante dunha mina de carbón e unha camareira. En 1875, a familia trasládase a Peterborough. Asistiu ao Royal College of Art que era naquel tempo como se chamaba a National Art Training School en South Kensington. Gañou o Queen's Prize en 1882 e a Medalla de Prata Nacional en 1883, após o cal visitou París coa idea de continuar a súa educación. Dúas licenciadas anteriores da National Art Training School - Amy Singer e Emily Fawcett - xa vivían en París, e compartían un estudio coa moza Camille Claudel. En xaneiro de 1884 a nai de Camille escribiulle a Jessie confirmando o acordo de que Jessie se aloxaría coa familia de Claudel por 200 francos ao mes.

En 1886 Jessie e Camille viaxaron xuntas a Inglaterra onde visitaron a familia de Jessie en Peterborough. Neste tempo Jessie exhibía un busto de terracota Day Dreams ("Soños de día") na Royal Academy, e en Nottingham.

A relación de Lipscomb con Claudel agostouse e Claudel afirmou que nunca quixo ver Lipscomb outra vez. Con todo, Lipscomb foi unha das poucas persoas que visitou Claudel moitos anos máis tarde cando foi confinada no manicomio de Montdevergues.

Escultura[editar | editar a fonte]

En 1887 exhibiu outra peza de terracota titulada Sans Souci, e un retrato de xeso de Camille Claudel. Ese ano tamén exhibiu un busto do modelo italiano Giganti ambos os dous na Royal Academy e en Nottingham.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con William Elborne o 26 de decembro de 1887 e estabelecéronse en Manchester.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]