Jesús Neira Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de abril de 1953 Granada, España |
Morte | 29 de agosto de 2015 (62 anos) Madrid, España |
Causa da morte | hemorraxia cerebral |
Actividade | |
Ocupación | profesor universitario, escritor |
Empregador | Universidade Camilo José Cela |
Partido político | Partido Socialista Popular |
Premios | |
Jesús Neira Rodríguez, nado en Granada o 16 de abril de 1953 e finado en Majadahonda (Madrid) o 29 de agosto de 2015, foi un profesor universitario e político español de orixe galega, que tivo unha especial relevancia social en España a principios do século XXI.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De familia ferrolá vinculada ao exército, naceu e viviu ata os 14 anos en Granada, cando a súa familia se trasladou a Madrid.
Licenciado en Dereito, doutorouse cunha tese sobre o discurso prefascista en Antonio Goicoechea. Profesor de Teoría do Estado na Universidade Camilo José Cela de Madrid, acadou sona en España a partir dunha pelexa que mantivo o 2 de agosto en Majadahonda, onde se enfrontou a un home que estaba presuntamente batendo na súa moza[1]. Aparentemente como consecuencia desa pelexa, catro días despois sufriu un derramamento cerebral que o mantivo hospitalizado durante 256 días, boa parte deles en coma.
Publicou diversos artigos en revistas da fundación de ideoloxía conservadora Cánovas del Castillo, algúns deles sobre o pensamento do teórico do dereito alemán Carl Schmitt[2]. Foi nomeado pola Comunidade de Madrid presidente do consello asesor do Observatorio rexional da violencia de xénero. En marzo de 2009 a canle de televisión española Antena 3 anunciou que o contraría como contertulio para o magazine de actualidade Espejo Público a partir de setembro dese ano[3]
Detido por conducir un vehículo en estado de embriaguez en setembro de 2010, foi apartado do seu cargo[4]. En outubro dese mesmo ano sufriu un derramo cerebral[5], que o mantivo no hospital por espazo de dous meses[6]. Case cinco anos despois sufriu outro derramo cerebral, a causa do que faleceu no Hospital Puerta de Hierro, de Majadahonda.
Galardóns
[editar | editar a fonte]- Medalla de ouro do Senado.
- Medalla ao mérito cidadán da Comunidade de Madrid.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ En estado crítico el profesor que fue golpeado por defender a una maltratada, 20 minutos, 9/8/08
- ↑ Bibliografía en Dialnet.
- ↑ Jesús Neira ficha por 'Espejo público', El Mundo, 13/3/09.
- ↑ Jesús Neira, citado por dar positivo en un control de alcoholemia, Público, 2/9/2010.
- ↑ Jesús Neira, ingresado tras sufrir un derrame cerebral, Público, 15/10/2010.
- ↑ Neira: "Estoy como si me hubiese pasado un elefante por encima", Público, 15/12/2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web[Ligazón morta] (en castelán)