Jesús Gayoso (garda civil)
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de abril de 1971 Mieres, España |
| Morte | 27 de marzo de 2020 Logroño, España |
| Causa da morte | COVID-19 |
| Educación | Academia Xeral Militar |
| Actividade | |
| Ocupación | garda civil, profesor de educación física |
| Período de actividade | 1991 |
| Empregador | Garda Civil |
| Membro de | |
| Carreira militar | |
| Lealdade | España |
| Rama militar | Garda Civil |
| Rango militar | comandante tenente coronel |
| Conflito | Guerra de Afganistán |
| Premios | |
Jesús Gayoso Rey, nado en Mieres (Asturias) en 1971 e finado en Logroño o 27 de marzo de 2020, foi un garda civil galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De familia de garda civís de Begonte,[1] a pesar de nacer en Asturias onde o seu pai estaba destinado, criouse na cidade da Coruña. Gayoso ingresou na Academia Xeral Militar en 1991, e obtivo o título de tenente. Despois de traballar en Madrid, axiña se incorporou ao Grupo de Acción Rápida (GAR) da Garda Civil, a unidade de operacións especiais, que ten a súa sede en Logroño, na Rioxa, en 1996, primeiro como tenente e despois como capitán. Asumiu o seu mando en 2014, xa como tenente coronel. Participou en varias misións internacionais do GAR en Afganistán, Tunisia, Mauritania, Turquía ou Honduras.[2]
Como mando dese grupo participou no illamento da vila de Haro durante a pandemia de coronavirus, dado que nesa vila rioxana había unha gran cantidade de casos. Aínda que non estivo directamente no sitio, crese que o contaxio a través de persoas que si estiveron causoulle a Gayoso a enfermidade, e finalmente a morte.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Pan, José Manuel (27/3/2020). "Muere el gallego Jesús Gayoso, jefe del GAR de la Guardia Civil". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28/3/2020.
- ↑ "La Policía homenajea al jefe del GAR de la Guardia Civil muerto por COVID-19". La Vanguardia (en castelán). 27/3/2020. Consultado o 28/3/2020.