Forzas especiais
As forzas especiais, forzas de operacións especiais ou forza de elite, son unidades militares áxiles e versátiles adestradas e formadas para levar a cabo unha serie de tarefas específicas, que van dende as «operacións especiais»[1][2][3] dentro dun conflito convencional ás que implican a guerra non convencional. Polo xeral, as forzas especiais teñen unha formación máis ampla e con frecuencia equipos máis avanzados que as forzas convencionais.[1][4] Adáptanse para operar como forzas asimétricas e son quen de operar de forma independente, ou en apoio directo de calquera das forzas militares convencionais ou doutros elementos gobernamentais. Son activos de alto valor, comandados a nivel estratéxico e que ofrecen importantes resultados non proporcionais co seu reducido tamaño.[5]
Unha unidade de forzas especiais está adestrada para levar a cabo misións de combate de acción directa e indirecta. As operacións de acción directa son operacións ofensivas e cobren un amplo espectro de operacións. As operacións indirectas son habitualmente de recoñecemento, destinadas á obtención de información. Operan sobre a base de grupos pequenos, dependendo da misión, con grande autonomía.
Escolla e adestramento
[editar | editar a fonte]O proceso de escolla para os homes de operacións especiais é normalmente rigoroso e intensivo. Pode incluír algúns dos seguintes aspectos: 1- Selección:
- Cubrir distancias en carreira con límite de tempo sen equipo.
- Cubrir distancias en marcha con límite de tempo con equipo.
- Cubrir distancias a nado con límite de tempo sen equipo.
- Probas de forza e resistencia aeróbica e anaeróbica.
2- Adestramento:
- Supervivencia en distintos ambientes.
- Tiro con distintos tipos de armas.
- Artes marciais.
- Demolicións.
- Mergullo.
- Paracaidismo.
- Combate de noite.
- Telecomunicacións.
- Planificación de operacións
- Rapel
Capacidades
[editar | editar a fonte]As capacidades principais das forzas especiais inclúen:
- Recoñecemento no espazo de batalla profundo.
- Adestramento e desenvolvemento doutros activos militares e de seguridade.
- Acción ofensiva.
- Preparación do espazo de batalla.
- Apoio á contrainsurxencia a través da participación e apoio da poboación.
- Apoio ás operacións antiterroristas.
- Interrupción de rutas de loxística no espazo de batalla profundo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 North Atlantic Treaty Organization (13 de decembro de 2013). "Allied Joint Doctrine for Special Operations". NATO Standard Allied Joint Publication (Bruxelas: NATO Standardization Agency). AJP-3.5 (Edition A, Version 1): 1-1.
- ↑ Richard Bowyer, Dictionary of Military Terms, Bloomsbury Reference (2005-08), ISBN 190497015X / ISBN 9781904970156.
- ↑ Joint Chiefs of Staff (JCS) (16 de xullo de 2014). "Special Operations" (PDF). Joint Publication (Washington, DC: Department of Defense) 3–05: GL-11. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de decembro de 2016. Consultado o 18 de setembro de 2016.
- ↑ North Atlantic Treaty Organization (17 de novembro de 2015). NATO Standardization Agency, ed. "NATO Glossary of Terms and Definitions (English and French)" (PDF). AAP-06 (Edition 2015). Bruxelas: 2-S-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de maio de 2020. Consultado o 18 de setembro de 2016.
- ↑ Future Land Operational concept, Joint Doctrine & Concepts Centre, 2008
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Forzas especiais |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bellamy, Chris (2011). The Gurkhas: Special Force. UK: Hachette. p. 115. ISBN 9781848545151.
- Breuer, William B. (2001). Daring missions of World War II. John Wiley and Sons. ISBN 978-0-471-40419-4.
- Haskew, Michael E (2007). Encyclopaedia of Elite Forces in the Second World War. Barnsley: Pen and Sword. ISBN 978-1-84415-577-4.
- Horner, David (1989). SAS: Phantoms of the Jungle: A History of the Australian Special Air Service (1st ed.). St Leonards: Allen & Unwin. ISBN 1-86373-007-9.
- Molinari, Andrea (2007). Desert Raiders: Axis and Allied Special Forces 1940–43. Osprey Publishing. ISBN 978-1-84603-006-2.
- Otway, Lieutenant-Colonel T.B.H. (1990). The Second World War 1939–1945 Army – Airborne Forces. Imperial War Museum. ISBN 0-901627-57-7.
- Thomas, David (outubro de 1983). "The Importance of Commando Operations in Modern Warfare 1939-82". Journal of Contemporary History 18 (4): 689–717. JSTOR 260308.