Jesús Fernández Suárez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1854 Pontevedra, España |
Morte | 24 de xuño de 1930 (75/76 anos) Santiago de Compostela, España |
Ideoloxía política | Carlismo |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela - dereito |
Actividade | |
Ocupación | xurista, xornalista |
Partido político | Asociación Regionalista Gallega |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Franco Leal |
Jesús Fernández Suárez, nado en Pontevedra cara a 1854[1] e finado en Santiago de Compostela o 24 de xuño de 1930, foi un avogado e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no seminario de Tui, onde cursou o grao de Teoloxía. Abandonou a carreira eclesiástica para estudar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela,[2] onde foi compañeiro de estudos de Juan Vázquez de Mella, o Marqués de Figueroa, Juan Barcia Caballero, Alfredo Brañas, José González Salgado, Antonio Toledo Quintela e outros. Con eles figurou na Juventud Católica.[3]
Desde 1880 ata a súa morte foi o notario de Santiago de Compostela,[2][4] labor que compatibilizou co xornalismo. Escribiu nos periódicos tradicionalistas santiagueses El Pensamiento Galaico e El Pensamiento Gallego, primeiro con Vázquez de Mella e despois con Mariano Jamardo e Ramón Gallego, destacando como polemista e dando mostras do seu entusiasmo pola causa carlista, que defendeu toda a súa vida.[3] Asinaba co pseudónimo Franco Leal. Colaborou tamén noutros periódicos e revistas de España,[2] como o diario madrileño El Correo Español, órgano da Comuñón Tradicionalista.[4]
En Santiago tamén mantivo xunto con Mella e Jamardo institucións como o Ateneo de León XIII e outros periódicos como El Libredón e a revista Galicia Católica.[5] En 1889 formou parte da Asociación Regionalista Gallega, constituída baixo a presidencia de Manuel Murguía.[6]
Os concellos e deputacións de Galicia solicitaron para el a Medalla do Traballo, pero faleceu antes de que se rematase a tramitación do expediente. Formou parte do Padroado do Reformatorio de Menores de Santiago como secretario.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Estivo casado con Luisa Nóvoa Álvarez, con quen tivo oito fillos.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Certificado de defunción de Jesús Fernández Suárez". Rexistro Civil de Santiago. 25 de xuño de 1930.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Muertos prestigiosos". Vida gallega: 43. 10 de xullo de 1930.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "D. Jesús Fernández Suárez". El Eco de Santiago: 1. 25 de xuño de 1930.
- ↑ 4,0 4,1 "Don Jesús Fernández Suárez". El Compostelano: 3. 24 de xuño de 1930. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2017. Consultado o 21 de abril de 2018.
- ↑ Rodríguez Iglesias, Francisco; Pérez Negreira, María del Mar (1991). Galicia. Historia. Tomo VII. Historia Contemporánea. Política (Siglo XIX). Hércules de Ediciones. p. 470.
- ↑ Rodríguez Iglesias, Francisco; Pérez Negreira, María del Mar (1991). Galicia. Historia. Tomo VII. Historia Contemporánea. Política (Siglo XIX). Hércules de Ediciones. p. 473.
- ↑ "Esquela de Jesús Fernández Suárez". El Compostelano: 2. 25 de xuño de 1930. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2017. Consultado o 21 de abril de 2018.