Jerome Bruner
Jerome Bruner | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Jerome Seymour Bruner |
Nacemento | 1 de outubro de 1915 |
Lugar de nacemento | Nova York, ![]() |
Falecemento | 5 de xuño de 2016 (100 anos) |
Lugar de falecemento | Manhattan, Nova York, ![]() |
Nacionalidade | Estadounidense |
Alma máter | Universidade Harvard, Universidade Duke e Universidade de Cambridge |
Ocupación | Psicólogo |
Premios | Bolsa de estudos Guggenheim, Prêmio Balzan, APA Division 15 Career Achievement Award, William James Fellow Award, APA Award for Distinguished Scientific Contributions to Psychology, honorary doctor of the University of Girona, honorary doctor of the University of Neuchâtel, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, honorary doctorate of the Autonomous University of Madrid, doutoramento honoris causa da Universidade Nacional de Rosário e honorary doctorate of the Vrije Universiteit Brussel |
Na rede | |
http://www.psych.nyu.edu/bruner | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jerome Seymour Bruner, nado o 1 de outubro de 1915 en Nova York e finado o 5 de xuño de 2016 na mesma cidade, foi un psicólogo estadounidense, de familia polonesa. Profesor de psicoloxía en Harvard e despois en Oxford, escribiu importantes traballos sobre educación, liderou o que veu a ser coñecido como Revolución Cognitiva, na década de 1960. Esta introduce novas perspectivas no estudo da mente, superando os postulados colocados até aquela época polo behaviorismo, que puña o foco só nos fenómenos observábeis. Durante o goberno dos presidentes Kennedy e Johnson dirixiu o Comité de Ciencias (Science and Advisory Committee). Foi profesor da Escola de Dereito da NYU.
As súas publicacións máis importantes son Sobre o Coñecemento: Ensaios da man esquerda (1960) O Proceso da Educación (1961), Actos de Significación (1990), A Cultura da Educación (1996).
Biografía[editar | editar a fonte]
Graduouse na Universidade de Duke, Durham (Carolina do Norte), en 1937 e posteriormente en Harvard, Cambridge (Massachusetts), en 1941, obtivo o título de doutor en psicoloxía e foi chamado o pai da psicoloxía cognitiva, pois desafiou os postulados behavioristas da época. Ensinou e investigou, tamén na New School for Social Research.
Posúe doutoramentos “honoris causa” polas Universidades de Yale, Columbia, Sorbonne, Berlín, Roma, ISPA Instituto Universitário, entre outras. É membro da Society for Research in Child Development e da American Psychological Association. Posúe unha obra moi diversificada e traducida na área da educación, pedagoxía e psicoloxía.
Psicoloxía cognitiva[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Psicoloxía cognitiva.
Jerome Bruner foi un dos pioneiros nos estudos da Psicoloxía Cognitiva nos Estados Unidos. Bruner inicia os seus estudos da sensación e da percepción humanas como parte dun proceso activo e non só receptivo. En 1947 Bruner publicou o seu clásico estudo “Valores e Necesidades como Factores Organizacionais na Percepción” (Value and Need as Organizing Factors in Perception). Nesta investigación crianzas ricas e pobres eran solicitadas a avaliar o tamaño de moedas e de discos de madeira. Os seus resultados mostran que os valores e a necesidade das crianzas ricas e pobres se diferenciaban ao superestimar o tamaño das moedas, comparadas aos discos de madeira do mesmo tamaño (Journal of Abnormal and Social Psychology, 1947, vol. 42, páxs. 33–44)
Outro estudo clásico conducido por Bruner e Leo Postman mostraba reaccións máis lentas e menos precisas en relación a cartas da baralla (On the Perception of Incongruity: A Paradigm por Jerome S. Bruner e Leo Postman. Journal of Personality, 18, pp. 206-223. 1949). Estes experimentos apuntaran novos rumbos para a psicoloxía, o que obrigou os investigadores a non só observar a resposta do organismo a estímulos, mais tamén ás súas interpretacións internas. En 1956 Bruner publica ‘’O Estudo do Pensamento’’ (A Study of Thinking) que inicia o estudo da psicoloxía cognitiva, así como funda o Centro dos Estudos Cognitivos (Center of Cognitive Studies) en Harvard. En 1990 fai unha serie de conferencias sobre o asunto, publicadas no libro ‘’Actos de Significación’’ (Acts of Meaning) e nelas refuta o modelo computacional como metáfora do estudo da mente, defendendo un entendemento holístico da mente e do sistema cognitivo humanos.
Propostas educativas[editar | editar a fonte]
Jerome Bruner foi un dos pioneiros nos estudos da Psicoloxía Cognitiva nos Estados Unidos. Bruner inicia os seus estudos da sensación e da percepción humanas como parte dun proceso activo e non só receptivo. Un aspecto relevante da súa teoría é que a apredizaxe é un proceso activo, no que as/os aprendices constrúen novas ideais, ou conceptos, baseados nos seus coñecementos pasados e actuais. O aprendiz constrúe hipóteses e toma decisións, contando, para isto, cunha estrutura cognitiva. Os esquemas, os modelos mentais fornecen significado e organización para as experiencias e permítenlle ao individuo "ir alén da información dada".
Psicoloxía educativa[editar | editar a fonte]
En Harvard Jerome Bruner publicou unha serie de traballos sobre a avaliación nos sistemas educativos e as formas en que podería ser mellorada a educación. A súa visión xeral é de que a ‘’educación non se debe concentrar só na memorización de feitos". Entre 1964-1996 Bruner procurou desenvolver un currículo completo para o sistema educativo que aténdese as necesidades dos estudantes en tres áreas principais que chamou de Man: A Course of Study, coñecido pola sigla MACOS ou M.A.C.O.S. Fundamentábase no ensino en espiral ou sexa un determinado concepto debería ser repetidamente ensinado, en diferentes niveis, cada nivel sendo máis complexo que o primeiro. Este proceso permitiríalle a crianza absorber ideas complexas de maneira máis simple. Bruner pretendía crear un ambiente educativo que se concentrase (1) no que era exclusivamente humano sobre os seres humanos, (2) en como os seres humanos chegaran no estadio actual e (3) en como os seres humanos poderían se perfeccionar.
Os modos de pensamento[editar | editar a fonte]
Os modos de pensamento, segundo Jerome Bruner, son o narrativo e o paradigmático. O autor argumenta que os individuos constrúen realidades, propiciando diferentes maneiras de colocar en orde as experiencias vividas. Alén diso, busca analizar o desenvolvemento cognitivo e a construción da aprendizaxe por medio de signos e simboloxías, nos cales o pensamento é realizado por medio de fala e de imaxes.
O pensamento narrativo[editar | editar a fonte]
O autor define narrativa como unha secuencia de eventos, e estes, á súa vez, están cargados de significados. “Narrativa é discurso, e a principal regra do discurso é que debe haber un motivo para que o mesmo se distinga do silencio”.[1] É por medio da narrativa que, probabelmente, un individuo organiza os propios coñecementos e experiencias.[2] A narrativa fundaméntase polo contar dunha historia para que haxa o esclarecemento de algo dubidoso, ou aínda, algo que o individuo procura resolver ou sandar. Desa forma, é por medio da fala ou da organización de feitos polo pensamento que individuos estabelecen relacións e organizan as súas ideas a respecto de algo ou alguén.[2]
O pensamento paradigmático[editar | editar a fonte]
O pensamento paradigmático, de acordo con Bruner (1986), asóciase ao desenvolvemento formal de conceptos, ou sexa, cando hai unha apropiación de ideas demostradas, descritas ou argumentadas. É un modo de pensamento co cal se tenta preencher o padrón dun sistema formal e matemático de explicacións e probas por medio de argumentos que proben as conxecturas do suxeito.[3]
Cultivando o posíbel[editar | editar a fonte]
Jerome Bruner en Cultivando o Possível - Oxford, 13 de maio de 2007: Modelo:Quote1
Obras[editar | editar a fonte]
- portugués
- Fabricando Histórias: Direito, Literatura, Vida (Making Stories: Law, Literature, Life), 2014. Letra e Voz.
- Actos de Significação (Acts of Meaning), 1997. Artmed.
- Actos de Significado (Acts of Meaning), 2011. Edições 70.
- Como as Crianças Aprendem a Falar, 2010.
- A Cultura da Educação, 2001. Artmed. Edicoes 70.
- Para uma Teoria da Educação, 2011.
- O Processo da Educação, 1978.
- Realidade Mental - Mundos Possíveis, 1997. Artmed.
- Sobre a Teoria da Instrução, 2006. Phorte Editora.
- Sobre o Conhecimento. Ensaios da mão esquerda, 2008. Phorte Editora.
- Uma Nova Teoria da Aprendizagem, 1976. Bloch Ed.
- inglés
- A Study of Thinking (1956)
- The Process of Education, Harvard University Press (1960)
- Toward a Theory of Instruction, Harvard University Press (1966)
- Studies in Cognitive Growth (1966)
- Processes of Cognitive Growth: Infancy (1968)
- Beyond the Information Given (1973)
- On Knowing: Essays for the Left Hand, Harvard University Press (1979)
- Child's Talk: Learning to Use Language (1983)
- In Search of Mind: Essays in Autobiography (1983)
- Actual Minds, Possible Worlds, Harvard University Press (1985)
- The Mind of a Mnemonist: A Little Book about a Vast Memory, [Foreword only] Harvard University Press (1987)
- Acts of Meaning, Harvard University Press (1990)
- The Culture of Education, Harvard University Press (1996)
- Minding the Law, Harvard University Press (2000)
- Making Stories: Law, Literature, Life, Harvard University Press (2003)
- In Search of Pedagogy. 2 vols. The Selected Works of Jerome S. Bruner, 1957-1978. Routledge, 2006
- Making Sense: The Child's Construction of the World. Taylor & Francis, 2011.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jerome Bruner ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Value and Need as Organizing Factors in Perception (1947). Jerome S. Bruner and Cecile C. Goodman First published in Journal of Abnormal and Social Psychology, 42, 33-44.
- On the Perception of Incongruity: A Paradigm. Jerome S. Bruner and Leo Postman (1949) First published in Journal of Personality, 18, 206-223
- Jerome Bruner Cultivating the Possible. Oxford Dedication. 13 March 2007