Jean Sylvain Bailly
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 15 de setembro de 1736 París, Francia |
| Morte | 12 de novembro de 1793 París, Francia |
| Causa da morte | pena de morte, decapitación |
| 15 de xullo de 1789 – 18 de novembro de 1791 ← sen valor – Jérôme Pétion de Villeneuve → | |
| Cadeira 31 da Academia Francesa (pt) | |
| 1783 – 1790 ← Louis-Élisabeth de La Vergne de Tressan – Emmanuel Joseph Sieyès → | |
| | |
| Datos persoais | |
| Residencia | París |
| Educación | Academia francesa das ciencias |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Matemáticas, astronomía, política e Revolución Francesa |
| Lugar de traballo | París |
| Ocupación | astrónomo, escritor, matemático, político, alcalde |
| Partido político | Clube dos Feuillants (pt) |
| Membro de | |
| Participou en | |
| 5 de maio de 1789 | Revolución Francesa |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Enciclopedia de Otto Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) |

Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Jean-Sylvain Bailly, nado en París o 15 de setembro de 1736 e finado na mesma cidade o 12 de novembro de 1793, foi un político e astrónomo francés, un dos líderes da Revolución francesa, foi guillotinado durante o reino do terror.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun pintor do rei, debido á influencia de Nicolas de Lacaille interésase pola astronomía, calcula a órbita do cometa Halley cando apareceu en 1759, en 1763 foi elixido membro da Academia Francesa de Ciencias. Escribiu Histoire de l'astronomie ancienne en 1775 e Histoire de l'astronomie moderne (1779-1782). Elixido deputado para os Estados Xerais de 1789, foi o presidente do Terceiro Estado e dende o 17 de xuño presidente da Asemblea Nacional, alcalde de París durante a Comuna (1789-1791), a orde de dispersar aos manifestantes do Champ-de-Mars 17 de xullo de 1791 que provocou 50 mortos, fíxoo impopular e en novembro dimitiu e retirouse en Nantes, arrestado en Melun, rexeita testemuñar no proceso contra María Antonieta, xulgado en París foi condenado á guillotina.