Javier Arias Fouz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJavier Arias Fouz
Biografía
Nacemento1977 Editar o valor em Wikidata (46/47 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Deputado do Parlamento de Galicia
2024 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade San Pablo CEU Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , avogado , funcionario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorXunta de Galicia Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular de Galicia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiRamón Arias Roca Editar o valor em Wikidata

Facebook: JavierAriasFouz Twitter: JavierAriasFouz Instagram: javierariasfouz Editar o valor em Wikidata

Javier Arias Fouz, nado en Lugo en 1977,[1] é un político do Partido Popular de Galicia. Deputado no Parlamento de Galicia desde 2024.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É fillo de Ramón Arias Roca, quen fora concelleiro de urbanismo co alcalde Joaquín García Díez. Licenciouse en Dereito na Universidade San Pablo CEU e ten un mestrado en Urbanismo e Ordenación do Territorio e en Dereito Ambiental e un Diploma de Estudos Avanzados en Doutoramento en Dereito Administrativo.[2]

Carreira política[editar | editar a fonte]

De 2010 a 2015, exerceu como avogado e foi letrado-asesor xurídico e medioambiental de SUPLUSA (Sociedade Urbanística Provincial de Lugo), onde traballaba seu pai.[2][3] En 2015, converteuse en funcionario da Deputación de Lugo.

En 2017, foi nomeado xefe territorial da Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade, onde permaneceu até 2020, cando foi nomeado por Alberto Núñez Feijóo, Delegado territorial da Xunta na provincia de Lugo.[2][3] O 15 de xaneiro de 2024,[4] renunciou ao cargo para se presentar como número dous nas listas do PP de Lugo ás eleccións autonómicas do 18 de febreiro.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Varela, Suso (17 de xaneiro de 2024). "Javier Arias (PP): «Os políticos debemos estar fóra do despacho»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de febreiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Varela, Suso (21 de setembro de 2020). "Javier Arias Fouz, nuevo delegado de la Xunta en Lugo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de febreiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 "Javier Arias Fouz, nuevo delegado de la Xunta en Lugo en lugar de Balseiro". COPE (en castelán). 17 de setembro de 2020. Consultado o 28 de febreiro de 2024. 
  4. "DECRETO 6/2024, do 15 de xaneiro, polo que se dispón que cese Javier Arias Fouz como delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo". Diario Oficial de Galicia (Xunta de Galicia). 16 de xaneiro de 2024. Consultado o 28 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]