Operación Triunfo 2018

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Operación Triunfo 2018, tamén coñecido polas súas siglas OT 2018, é a décima edición do programa de televisión musical Operación Triunfo de La 1 de Televisión Española. O programa, que conta cunha duración provisional de 91 días, foi estreado o 19 de setembro de 2018, sendo líder de audiencia, cultivando un 20,5% de cota de pantalla en prime time. Durante o resto das súas emisións, o programa continuou rexistrando bos datos de audiencia, aínda que, ao longo das semanas, mostrou unha clara tendencia descendente nos seus datos.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O 7 de febreiro de 2018, anunciouse que RTVE renovaría Operación Triunfo no seu Consello de Administración de marzo para unha nova edición en outono.[1] Finalmente, foi o 28 de febreiro cando o Consello de Administración de RTVE aprobaba por unanimidade a renovación do programa de Gestmusic por unha décima edición, que chegaría en setembro do mesmo ano.[2] A décima edición do programa conta cun total de 14 galas, que no seu conxunto supoñen un custo de 11 millóns de euros, nos que van incluídos os custos da canle 24 horas e os resumos diarios, entre outros gastos alleos ás galas en directo.[3] Así mesmo, o concurso volve servir como preselección de España para o Festival de Eurovisión 2019, feito que se confirmou o 14 de setembro, durante a rolda de prensa na que se presentou a edición, e que, ademais, contemplaban as bases do concurso.[4]

Instalacións[editar | editar a fonte]

Un ano máis, os estudos do Parc Audiovisual de Catalunya, situados en Terrassa, acollen tanto o estudio como a academia. As instalacións, que ocupan 2.200 metros cadrados, contan cun edificio de tres plantas, utilizado como academia e un renovado estudio de grandes dimensións e de alta tecnoloxía que dobra tanto o tamaño como a capacidade do seu antecesor en 2017, contando con case 1.000 espectadores de público.[5]

Castings[editar | editar a fonte]

O 14 de maio anunciáronse as cidades que acolleron os castings.[6] A novidade dos castings desta edición foron os #OTCover, que consistíu en que as mellores actuacións subidas ás redes sociais baixo ese mesmo hashtag gañaron un pase directo para evitar as colas de espera.[7] En total, 16 769 persoas presentáronse ás probas de selección.[8]

Data Lugar Asistentes Pases á segunda fase
30 de maio de 2018 Explanada olímpica do Palau Sant Jordi (Barcelona) 2 504 persoas 107
4 de xuño de 2018 Porto de Alacant (Alacant) 1 200 persoas 42
7 de xuño de 2018 Porto de Valencia (Valencia) 2 075 persoas 65
12 de xuño de 2018 Palau de Congressos do Poble Espanyol (Palma) 525 persoas 18
18 de xuño de 2018 Palacio de Congresos e Auditorio Kursaal (Donostia) 950 persoas 27
21 de xuño de 2018 Museo do Mar de Galicia (Vigo) 890 persoas 31
26 de xuño de 2018 Auditorio de Tenerife (Tenerife) 600 persoas 34
2 de xullo de 2018 Palacio de Ferias y Congresos de Málaga (Málaga) 1 850 persoas 72
5 de xullo de 2018 Fibes (Sevilla) 2 145 persoas 61
10 de xullo de 2018 Universidade Politécnica de Madrid (Madrid) 3 460 persoas 107

A fase final do casting deu comezo o 28 de agosto no Parc Audiovisual de Catalunya, en Terrassa, e prolongouse durante tres días.[9]

Equipo[editar | editar a fonte]

Presentadores[editar | editar a fonte]

Igual que na edición anterior, Roberto Leal é o encargado de presentar as galas. Ademais, Noemí Galera e Ricky Merino ocúpanse de presentar "El chat".

Profesores[editar | editar a fonte]

O claustro da academia está formado por:[10]

  • Noemí Galera, directora da academia, presentadora de "El chat".
  • Manu Guix, director musical.
  • Vicky Gómez, coreógrafa.
  • Mamen Márquez, directora vocal e profesora de Técnica vocal.
  • Joan Carles Capdevila, coach vocal.
  • Laura Andrés, coach vocal.
  • Javier Calvo e Javier Ambrossi, profesores de interpretación (día 43 a 91).
  • Itziar Castro, profesora de interpretación (día 1 a 42).
  • Miqui Puig, profesor de Cultura musical.
  • Andrea Vilallonga, profesora de Imaxe e protocolo.
  • Xuan Lan, profesora de ioga.
  • Magali Dalix e Gotzon Mantuliz, profesores de Forma física e vida sa.
  • Rubén Salvador, profesor de Bailes de salón.
  • Cristina Burgos, profesora de Hip/Hop.
  • Sheila Ortega, profesora de Danzas urbanas.
  • Chris Nash, profesor de Inglés.
  • Ana Amengual, profesora de Dietética.

Profesores anteriores[editar | editar a fonte]

O 31 de outubro de 2018, por primeira vez na historia do programa, Gestmusic, en consenso co equipo encargado de RTVE, tomou a decisión unilateral de prescindir de Itziar Castro como profesora de interpretación, por "non conseguir os obxectivos esperados na súa área, onde o traballo cos concursantes non deu o resultado esperado nas Galas". Así pois, a participación de Castro na academia finalizou durante a sexta semana de concurso, abandonando o seu posto tras a gala do mércores.[11]

Xurado[editar | editar a fonte]

Ao mesmo tempo, en cada gala cóntase cun cuarto xurado invitado:

Emisión[editar | editar a fonte]

Concursantes[editar | editar a fonte]

N.º Concursante Idade Residente en
01 Famous Oberogo 19 anos Andalucía Bormujos
02 Alba Reche 20 anos Flag of the Valencian Community (2x3).svg Elx
03 Natalia Lacunza 19 anos Navarra Pamplona
04 Sabela Ramil 25 anos Galicia As Pontes
05 Julia Medina 23 anos Andalucía San Fernando
06 Miki Núñez 22 anos Cataluña Terrassa
07 Marta Sango 18 anos Andalucía Torre del Mar
08 María Villar 27 anos Comunidade de Madrid Madrid
09 Marilia Monzón 18 anos Canarias Gáldar
10 Carlos Right 25 anos Cataluña Esplugues de Llobregat
11 Noelia Franco 22 anos Andalucía Málaga
12 Damion Frost 21 anos Canarias Adeje
13 Dave Zulueta 20 anos Andalucía Sanlúcar de Barrameda
14 Joan Garrido 22 anos Illas Baleares Bunyola
15 África Adalia 22 anos Comunidade de Madrid Madrid
16 Alfonso Lacruz 22 anos Comunidade de Madrid Madrid
Aspirantes eliminados na Gala 0
17 Rodrigo Blanco 25 anos Andalucía San Juan del Puerto
18 Luis Mas 19 anos Cataluña El Masnou

Táboa de estatísticas semanais[editar | editar a fonte]

Concursantes Gala 0 Gala 1 Gala 2 Gala 3 Gala 4 Gala 5 Gala 6 Gala 7 Gala 8 Gala 9 Gala 10 Gala 11 Gala 12 Gala Final
Famous Entra Salvado Salvado Salvado Salvado Salvado Salvado Favorito Nomeado Nomeadoº Salvado Nota: 8.75 Finalista Finalista Gañador
Alba Reche Entra Salvada Salvada Salvada Salvada Salvada Favorita Salvada Salvada Salvada Nomeada Nota: 9.25 Finalista Finalista
Natalia Entra Salvada Favorita Salvada Salvada Salvada Salvada Salvada Salvada Salvada Salvada Nota: 10 Finalista Finalista
Sabela Entra Nomeada Salvada Salvada Nomeada Salvada Salvada Salvada Favorita Salvada Nomeada Nota: 8.25 Finalista
Julia Entra Salvada Salvada Favorita Salvada Salvada Salvada Nomeada Salvada Nomeada Salvada Nota: 9.25 Finalista
Miki Entra Salvado Salvado Nomeado Salvado Favorito Nomeado Nomeado Salvado Favorito Nomeado Nota: 7.75 Expulsado
Marta Entra Salvada Salvada Salvada Salvada Nomeada Salvada Salvada Nomeada Nomeada Nomeada Expulsada
María Entra Salvada Nomeada Salvada Favorita Salvada Nomeada Salvada Nomeada Nomeada Expulsada
Marilia Entra Salvada Salvada Salvada Salvada Nomeada Nomeada Nomeada Nomeada Expulsada
Carlos Right Entra Salvado Salvado Salvado Nomeado Nomeado Salvado Nomeado Expulsado
Noelia Entra Favorita Salvada Salvada Nomeada Salvada Nomeada Expulsada
Damion Entra Salvado Salvado Nomeado Salvado Nomeado Expulsado
Dave Entra Salvado Nomeado Nomeado Nomeado Expulsado
Joan Garrido Entra Nomeado Nomeado Nomeado Expulsado
África Entra Nomeada Nomeada Expulsada
Alfonso Entra Nomeado Expulsado
Rodrigo Eliminado
Luis Eliminado
 ♦  A/o concursante entra na Academia por decisión do xurado
 ♦  A/o concursante entra na Academia por decisión dos profesores
 ♦  A/o concursante entra na Academia vía televoto
 ♦  Aspirante eliminado da Gala 0 vía televoto
 ♦  A/o concursante non estaba na Academia
 ♦  Eliminada/o da semana vía televoto
 ♦  Proposta/o polo xurado para abandonar a academia, pero salvada/o polos profesores
 ♦  Proposta/o polo xurado para abandonar a academia, pero salvada/o polos compañeiros
 ♦  Favorita/o da semana vía aplicación móbil
 ♦  Candidata/o a favorita/o da semana vía aplicación móbil
 ♦  Nomeado/a da semana
 ♦  Concursante candidato/a a finalista
 ♦  Finalista elixido/a na gala 11 pola nota media ou o profesorado
 ♦  Finalista elixido/a na gala 12 polo xurado
 ♦  Finalista elixido/a na gala 12 polo público
 ♦  Finalista que consegue chegar ao top 3
 ♦  3ª/º Finalista
 ♦  2ª/º Finalista
 ♦  Gañador/a
º: Candidata/o a favorita/o e nomeada/o na mesma semana.

Expulsións[editar | editar a fonte]

O público vota para salvar a o seu concursante favorito, polo tanto o expulsado é o concursante con menor porcentaxe:

  • Gala 0: Carlos Right (42%) / Rodrigo (37%) / Luis (21%)
  • Gala 2: Sabela (78,8%) / Alfonso (21,2%)
  • Gala 3: Dave (80%) / África (20%)
  • Gala 4: Damion (65%) / Joan Garrido (35%)
  • Gala 5: Carlos Right (62%) / Dave (38%)
  • Gala 6: Marta (59%) / Damion (41%)
  • Gala 7: Marilia (50,2%) / Noelia (49,8%)
  • Gala 8: Marilia (57%) / Carlos (43%)
  • Gala 9: Marta (53%) / Marilia (47%)
  • Gala 10: Marta (57%) / María (43%)
  • Gala 11: Sabela (64%) / Marta (36%)
  • Gala 12: Sabela (43%) / Julia (37%) / Miki (20%)
  • Gala Final (1ª rolda): Alba Reche, Famous y Natalia (78%) / Sabela (12%) e Julia (10%)
  • Gala Final (2ª rolda): Famous (36%) / Alba Reche (35%) e Natalia (29%)

Audiencias[editar | editar a fonte]

Estas son as audiencias que obtivo o programa Operación Triunfo 2018.

Galas[editar | editar a fonte]

Data Día Programa Estrutura do Programa Espectadores Share
19 de setembro de 2018 Mércores Gala 0 Presentación / Entrada dos 16 concursantes / Eliminación de Luis e Rodrigo 2 321 000 20,5%[12]
26 de setembro de 2018 Mércores Gala 1 Nomeamento de Alfonso e Sabela 2 102 000 16,6%[13]
3 de outubro de 2018 Mércores Gala 2 Expulsión de Alfonso / Nomeamento de África e Dave 1 875 000 15,8%[14]
10 de octubre de 2018 Mércores Gala 3 Expulsión de África / Nomeamento de Damion e Joan 2 028 000 17,0%[15]
17 de outubro de 2018 Mércores Gala 4 Expulsión de Joan Garrido / Nomeamento de Carlos e Dave 1 963 000 16,9%[16]
24 de outubro de 2018 Mércores Gala 5 Expulsión de Dave / Nomeamento de Damion e Marta 1 902 000 15,9%[17]
31 de outubro de 2018 Mércores Gala 6 Expulsión de Damion / Nomeamento de Noelia e Marilia 1 742 000 14,1%[18]
7 de novembro de 2018 Mércores Gala 7 Expulsión de Noelia / Nomeamento de Carlos e Marilia 1 841 000 15,3%[19]
14 de novembro de 2018 Mércores Gala 8 Expulsión de Carlos Right / Nomeamento de Marilia e Marta 1 886 000 15,3%[20]
21 de novembro de 2018 Mércores Gala 9 Expulsión de Marilia / Nomeamento de María e Marta 1 930 000 16,2%[21]
28 de novembro de 2018 Mércores Gala 10 Expulsión de María / Nomeamento de Marta e Sabela 1 906 000 16,0%[22]
5 de decembro de 2018 Mércores Gala 11 Expulsión de Marta / Elección de Natalia e Famous como finalistas 1 888 000 15,3%[23]
12 de decembro de 2018 Mércores Gala 12 Expulsión de Miki / Elección de Alba, Sabela e Julia como finalistas 1 778 000 15,4%[24]
19 de decembro de 2018 Mércores Gala Final Vitoria de Famous / 2ª Alba Reche / 3ª Natalia / 4ª Sabela / 5ª Julia 2 231 000 19,4%[25]

Programas especiales[editar | editar a fonte]

Data Día Programa Estrutura do programa Espectadores Share
26 de decembro de 2018 Mércores Gala Nadal Encontro con finalistas de Operación Triunfo 2017 1 793 000 12,7%[26]
20 de xaneiro de 2019 Domingo Gala Eurovisión Elección do representante de España no Festival de Eurovisión 2019 1 892 000 11,6%[27]
 ♦  Líder da noite.
 ♦  Récord de audiencia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Daniel Jabonero (28 de febreiro de 2018). "TVE renovará en marzo 'Operación Triunfo' para unha nova edición en outono". Consultado o 28 de febreiro de 2018. 
  2. PRENSA RTVE (28 de febreiro de 2018). "Reunión do Consello de Administración de RTVE de 28 de febreiro de 2018". Consultado o 28 de febreiro de 2018. 
  3. http://vertele.eldiario.es (28 de febreiro de 2018). "O que pagará TVE por Operación Triunfo 2018 e o novo Bailando con las estrellas". Consultado o 14 de maio de 2018. 
  4. "O representante de España en Eurovisión 2019 sairá de OT". 14 de setembro de 2018. Consultado o 17 de setembro de 2018. 
  5. Héctor Alabadí (24 de maio de 2017). "'OT 2017': A Academia e o plató estarán ubicados no Parc Audiovisual de Catalunya en Terrassa (Barcelona)". Consultado o 14 de setembro de 2017. 
  6. formulatv.com (14 de maio de 2018). "'OT 2018': TVE anuncia as datas e cidades nas que terán lugar os castings da nova edición". Consultado o 14 de maio de 2018. 
  7. RTVE.es (23 de maio de 2018). "As #OTCover, fenómeno en redes sociais con máis de 10.000 gravacións". Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  8. gestmusic.es (11 de xullo de 2018). "‘OT 2018’ finaliza o seu casting con máis de 16.000 aspirantes". Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  9. David Carro (1 de agosto de 2018). "'OT 2018' inicia o seu casting final o martes 28 de agosto cun misterioso anuncio". Consultado o 10 de agosto de 2018. 
  10. RTVE.es (14 de setembro de 2018). "Coñece o renovado claustro de profesores con Itziar Castro e Miqui Puig". Consultado o 14 de setembro de 2018. 
  11. FórmulaTV (31 de outubro de 2018). "Itziar Castro deixa de ser profesora de 'OT 2018'". 
  12. "'OT 2018' debuta cun fantástico 20,5% e convértese no más visto do día". FormulaTV. Consultado o 19 de setembro de 2018. 
  13. "'OT 2018' marca un estupendo 16,6% fronte a 'The Good Doctor' que lidera cun gran 16,9%". FormulaTV. Consultado o 26 de setembro de 2018. 
  14. "'The Good Doctor', o máis visto do día (16,3% e 21,3%) fronte a 'OT 2018' que logra un 15,8%". FormulaTV. Consultado o 3 de outubro de 2018. 
  15. "'OT 2018' sobe a un fantástico 17,0% nun axustado duelo frente a 'The Good Doctor' (17,1%)". FormulaTV. Consultado o 10 de outubro de 2018. 
  16. "'OT 2018' marca un 16,9% e 'El hormiguero' anota un 16% con Eva González, nova presentadora de 'La voz'". FormulaTV. Consultado o 17 de outubro de 2018. 
  17. "'OT 2018' firma un gran 15,9% e 'The Good Doctor' estrea a súa segunda tempada anotando un fantástico 20,8%". FormulaTV. Consultado o 24 de outubro de 2018. 
  18. "'OT 2018' baixa pero anota un gran 14,1% na súa Gala 6 coa expulsión de Damion". FormulaTV. Consultado o 31 de outubro de 2018. 
  19. "'OT 2018' crece e álzase a un bo 15,3% fronte ao discreto regreso de 'La verdad' (12,7%)". FormulaTV. Consultado o 7 de novembro de 2018. 
  20. [https://www.formulatv.com/noticias/audiencias-14-noviembre-ot-2018-mantiene-lider-la-verdad-baja-discreto-11-85971/ 'OT 2018' se mantiene líder con un buen 15,3% y 'La verdad' (11,9%) vive un igualado duelo con Chicote (11,7%)|dataacceso=14 de novembro de 2018|xornal=FormulaTV}}
  21. vertele.eldiario.es. "OT vuelve a la senda del 16%, su mejor cuota en 5 galas". Consultado o 22 de novembro de 2018. 
  22. vertele.eldiario.es. "'OT 2018' marca un notable 16% frente a 'La verdad' (12,3%) y el estreno de 'Carretera y Manta' (7,7%)". FórmulaTV. 
  23. vertele.eldiario.es. "'OT 2018' lidera con un estupendo 15,3% frente a 'La verdad' (10,1%) y 'Carretera y manta' (8,1%)". FórmulaTV. 
  24. vertele.eldiario.es. "La semifinal de 'OT 2018' lidera con un 15,4% frente a la subida de 'La verdad' (11,8%)". FórmulaTV. 
  25. vertele.eldiario.es. "'OT 2018' (19,4%) se alza a su segundo mejor dato en su final y 'La verdad' (11,7%) se mantiene". FórmulaTV. 
  26. vertele.eldiario.es. "'La verdad' se despide con un mal 10,4% frente al 12,7% de 'Navidad con OT 2018'". FórmulaTV. 
  27. vertele.eldiario.es. ""El Contable" (16,3%) lidera en Antena 3 frente a 'GH Dúo: El debate' y 'OT Eurovisión' se queda en un 11,6%". FórmulaTV. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]