Macarena García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Macarena García
MacarenaGarcia.jpg
Nome completoMacarena García de la Camacha Gutiérrez-Ambrossi
Nacemento26 de abril de 1988 (31 anos)
LugarMadrid, España España
NacionalidadeEspaña
Educada enUniversidade Autónoma de Madrid
NaiAmairani
Profesiónactriz, actriz de cinema e cantante
editar datos en Wikidata ]

Macarena García de la Camacha Gutiérrez-Ambrossi, coñecida como Macarena García, nada en Madrid o 26 de abril de 1988, é unha actriz e cantante española que participou en diversos musicais, series de televisión e cine. É irmá do tamén actor Javier Ambrossi.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou primeiro de Psicoloxía na Universidade Autónoma de Madrid antes de dedicarse por completo ao seu traballo de actriz.

Comezou a súa formación aos oito anos coa ximnasia artística. Aos catorce comezou a compaxinalo co baile, tanto moderno como funk, na escola Carmen Senra e na Academia Broadway. Durante varios anos recibiu clases particulares de canto con Rosario Ruiz e Nora Troyani. Nos últimos anos ademais complementou a súa formación con clases de guitarra con Nuria Zamora.

Conseguiu o seu primeiro papel nun musical aos trece anos, cando interpretou a Canelilla en En el nombre de la Infanta Carlota, de Jana Producciones, musical que estivo en cartel durante varias tempadas no Teatro de Madrid. Posteriormente traballou no musical sobre High School Musical con Daniel Diges.[1]

A partir de aí, participou en diversas series de televisión como Hospital Central, Punta Escarlata ou El internado pero o papel que a dá a coñecer ao gran público é o de Chelo, a filla dos porteiros en Amar en tiempos revueltos entre 2010 e 2012. En 2013, traballou na serie de Antena 3, Luna, el misterio de Calenda. Actualmente participa na nova serie B&b, de boca en boca da cadea Telecinco xunto aos seus compañeiros Fran Perea e Belén Rueda.

En cine, foi a protagonista da adaptación española de Blancanieves dirixida por Pablo Berger e estreada en 2012. Un traballo que lle reportou premios moi importantes como a Cuncha de Prata á mellor actriz do Festival de Cine de Donostia e o seu primeiro Premio Goya á mellor actriz revelación.

Televisión[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • En el nombre de la Infanta Carlota (2001), como Canelilla.
  • High School Musical (2008), como Gabriella.
  • La Llamada (2013), como María.

Premios[editar | editar a fonte]

Festival Internacional de Cine de Donostia
Ano Categoría Película Resultado
2012 Cuncha de Prata á mellor actriz Blancanieves Gañadora
Premios Goya
Ano Categoría Película Resultado
2012 Mellor actriz revelación Blancanieves Gañadora[2]
Fotogramas de Prata
Ano Categoría Traballo Resultado
2013 Mellor actriz de teatro La llamada Gañadora
Premios da Unión de Actores
Ano Categoría Traballo Resultado
2011 Mellor actriz de repartimento de televisión Amar en tiempos revueltos Nomeada
Festival do Cine e a Palabra (CiBRA)
Ano Categoría Película Resultado
2012 Mellor personaxe adaptado Blancanieves Gañadora
Outros
  • Premio á Mellor actriz no XX Certame Nacional de Curtos da Semana do Cine Español de Mula 2013 por "La Niña"[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]