Saltar ao contido

Imperium (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Imperium
 Instancia de
Características
 Ambientado en
 Época ambientación
 Lingua
 Lingua orixinal
Implicados
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
5 de setembro de 2012 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
11 de outubro de 2012 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Nº de episodios6 Editar o valor en Wikidata
Nº de tempadas1 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt2293719 Filmaffinity: 257242
Facebook: ImperiumOficial Twitter: A3Imperium Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Imperium foi unha serie de televisión española emitida por Antena 3 entre o 5 de setembro e o 11 de outubro de 2012. Igual que a súa predecesora Hispania, la leyenda, está producida por Bambú Producciones e ambientada no século II a.C. Contou cun presuposto duns 20 millóns de euros.

A primeira e única tempada ten 6 capítulos. Inicialmente, estaban previstos 13 episodios, pero a cadea acordou finalmente rodar só 6 episodios para observar os datos en audiencia. O 11 de outubro a cadea española Antena 3 puxo punto e final para a serie debido á baixa audiencia, menos da que se esperaba considerando a gran mercadotecnia que se fixo dela.

Argumento

[editar | editar a fonte]

Galba é un home poderoso e respectado en Roma. Conta co apoio dos senadores máis importantes, encabezados polo senador Quinto... e por iso encargáronlle unha última campaña; acabar coa resistencia de Numancia. Galba parte cara a alí convencido da súa vitoria e de que iso lle outorgará, ao seu regreso, o recoñecemento definitivo. Pero regresa da campaña en Numancia derrotado, humillado... Os hispanos acabaron co seu exército. Galba perdeu a súa honra e, sobre todo, o seu poder en Roma. E non foi casual; alguén lle traizoou.

Galba non está disposto a renderse; a súa familia, os Sulpicio, ha de volver ocupar o lugar que merece en Roma, e para iso está disposto a facer calquera cousa, ata a empezar unha nova guerra con aqueles que lle fixeron caer. Non sabe que un erro do seu pasado perséguelle. Un erro que ten nome de muller: Cora. Unha muller que, para salvar ao seu pai, está disposta a pactar cos seus maiores inimigos, un home empeñado en recuperar a gloria perdida e unha familia que quere controlar toda Roma.

Repartimento

[editar | editar a fonte]
PersonaxeActor / Actriz
Servio Sulpicio GalbaLluís Homar
Quinto Servilio CepiónPepe Sancho
Claudia Fabia MaraNathalie Poza
MarcoJesús Olmedo
OctavioAntonio Mourelos
AntoniaElvira Mínguez
CordeliaBelén Fabra
DécimoRobert González
SabinaÁngela Cremonte
Tito †Javier Ríos
Diana / Cora de CapuaAura Garrido
Aurora / VistiliaLucía Martínez
VeraPaula Prendes
DrusoFernando Andina
GaiaThais Blume
Tiberio Lucio VaroCarlos Álvarez Novoa
CrasoNasser Saleh
LiboSanti Marín
MessinaAlicia González Laá
Mario Terentio RugaManuel Sánchez Ramos
CatónJosé Ángel Egido
Apio ClaudioHelio Pedregal
PetraElena Furiase
Fabio †Iván Sánchez

Capítulos e audiencias

[editar | editar a fonte]
Capítulo Nome Data de emisión Espectadores Share
PRIMEIRA TEMPADA
1 Sulpicio 5 de setembro de 2012 1 849 000 10,9%
2 El último hombre en pie 12 de setembro de 2012 1 581 000 10,2%
3 La mujer del tribuno 20 de setembro de 2012 1 415 000 8,8%
4 Hijos 27 de setembro de 2012 1 528 000 9,2%
5 La máscara 4 de outubro de 2012 1 358 000 9,0%
6 El asalto 11 de outubro de 2012 1 088 000 7,0%

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
AnoCategoríaReceptorResultado
2012Mellor fotografíaJacobo MartínezNomeado

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]