Jason Sudeikis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJason Sudeikis

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Daniel Jason Sudeikis Editar o valor em Wikidata
18 de setembro de 1975 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Fairfax, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesJason Sudeikis Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónShawnee Mission West High School (en) Traducir
Rockhurst High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación cinematográfica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactor , humorista , actor de dobraxe , actor de cinema , actor de televisión , guionista , produtor delegado Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeKay Cannon (2004–2010), divorcio
ParellaKeeley Hazell (pt) Traducir (2021–)
Olivia Wilde (2011–2020) Editar o valor em Wikidata
FillosOtis Sudeikis (pt) Traducir
 () Olivia Wilde Editar o valor em Wikidata
ParentesGeorge Wendt (maternal uncle (en) Traducir)
Tom Howard (bisavó, maternal great-grandparent (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0837177 Allocine: 194347 Rottentomatoes: celebrity/jason_sudeikis Allmovie: p504330 TV.com: people/jason-sudeikis
MySpace: 63644967 Discogs: 3999357 WikiTree: Sudeikis-1 Editar o valor em Wikidata

Daniel Jason Sudeikis; nado en Fairfax, Virxinia, o 18 de setembro de 1975 é un actor estadounidense.[1] Foi membro do elenco de Saturday Night Live de 2006 até xullo de 2013. Desde 2011 pasouse ao cine, actuando en varios filmes. É coñecido tamén por crear e interpretar o papel principal na serie de Apple TV+ Ted Lasso. Gañou un premio Emmy en 2021, dous Globos de Ouro e un premio SAG en 2020.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Familia e primeiros anos[editar | editar a fonte]

A súa nai, Kathryn Wendt fora presidenta da Sociedade Americana de Axentes de Viaxes; o seu pai, Daniel J. Sudeikis, traballa en desenvolvemento empresarial. O seu tío materno é o actor George Wendt (Norm Peterson en Cheers),[2] e o seu bisavó materno foi o fotógrafo Tom Howard. Sudeikis é de ascendencia lituana e irlandesa por parte do pai, e de orixe tamén irlandesa e alemá pola súa nai. De neno, Sudeikis mudouse coa súa familia a Overland Park, Kansas, que describiu como a súa cidade natal. Naceu con anosmia, deixándoo sen olfacto e practicamente sen sentido do gusto.

Carreira[editar | editar a fonte]

En 2003, foi contratado como escritor de sketches para Saturday Night Live e converteuse en membro do elenco de 2005 a 2013. Apareceu en televisión en 30 Rock, The Cleveland Show, Eastbound & Down e outros programas.

En 2009, formou parte do lendario e último episodio de Joe Buck Live cando Artie Lange, baixo os efectos de Vicodina e whisky, chamou a Jason un "Lucky Pierre" (parte do medio dun trío sexual) e pelexou verbalmente con Joe Buck en directo no aire. Isto provocou a cancelación de Joe Buck Live.

Interpretou "Schmitty" en It's Always Sunny in Philadelphia. Tamén é coñecido polos seus papeis nas películas Somos os Miller (We're the Millers), Carta branca (Hall Pass), Como acabar co teu xefe (Horrible Bosses), Epic, Downsizing, Race e A Good Old Fashioned Orgy.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En xuño de 2004 casou coa guionista Kay Cannon.[3] Separáronse en 2008 e divorciáronse en 2010.[4]

De 2011 a finais de 2020 tivo unha relación coa actriz Olivia Wilde;[5] teñen un fillo, Otis[6] e unha filla, Daisy.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jason Sudeikis". www.Britannica.com ; Biography, Movies, TV Shows, & Ted Lasso (en inglés). 2023-09-30. Consultado o 2023-10-21. 
  2. McRady, Rachel (2014-02-24). "Jason Sudeikis Hangs Out With Uncle, Cheers Star George Wendt: Picture". Us Weekly (en inglés). Consultado o 2023-10-21. 
  3. "The Daily Spectrum 04 Jul 2003, page 56". Newspapers.com (en inglés). Consultado o 2023-10-21. 
  4. "A Minute With: Jason Sudeikis getting a "Hall Pass"". Reuters (en inglés). 2011-02-23. Consultado o 2023-10-21. 
  5. Nast, Condé (2021-07-13). "Jason Sudeikis Is Having One Hell of a Year". GQ (en inglés). Consultado o 2023-10-21. 
  6. "Olivia Wilde Welcomes Son Otis Alexander with Jason Sudeikis". Peoplemag (en inglés). Consultado o 2023-10-21. 
  7. "Jason Sudeikis and Olivia Wilde Welcome Daughter Daisy Josephine". Peoplemag (en inglés). Consultado o 2023-10-21.