Janice Dickinson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJanice Dickinson

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de febreiro de 1955 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónSouth Broward High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura178 cm Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCastanho escuro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafa , modelo , fotógrafa de moda , actriz de televisión , actriz , axente de talentos , escritora , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1969 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteElite Model Management (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsDebbie Dickinson (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0225528 Allocine: 119932 Allmovie: p334053 TV.com: people/janice-dickinson
Instagram: janicedickinson WikiTree: Dickinson-3412 Editar o valor em Wikidata

Janice Doreen Dickinson, nada en Nova York o 16 de febreiro de 1955,[1] é unha modelo, escritora, actriz, personlidade televisiva e axente de talentos estadounidense. Inicialmente coñecida como modelo, ela e outros describírona como a primeira supermodelo.[2] Unha das modelos de máis éxito nas décadas de 1970 e 1980, tamén actuou como xuíza en catro tempadas de America's Next Top Model. Abriu unha axencia de modelos en 2005, que foi documentada na serie de telerrealidade The Janice Dickinson Modeling Agency (2006–2008).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Dickinson casou en catro ocasións. Os seus maridos foron Ron Levy,[3][4] Simon Fields,[3] e Alan B. Gersten,[3] tamén coñecido como Albert Gersten.[5] Ten un fillo, Nathan, e unha filla, Savannah.[3] Dickinson tivo unha relación con Sylvester Stallone cando Savannah naceu en 1994, e díxose que Stallone era o pai.[6] A relación rematou cando as probas de ADN demostraron que non era o pai.[7] Nos seus libros e en entrevistas, falou de numerosas relacións sexuais con varóns e mulleres famosas.[8] En 2012, anunciou que estaba prometida co doutor Robert Gerner ("Rocky"),[9] psiquiatra[10] co que casou en decembro de 2016.[11]

En novembro de 2014, Dickinson foi unha das mulleres que dixeron que o cómico Bill Cosby a violara en 1982, engadindo que intentara escribir sobre o asunto na súa autobiografía de 2002, mais que Cosby e os seus avogados fixeron presión para que ela suprimise os detalles.[12]

En marzo de 2016, informouse de que Dickinson fora diagnosticada con cancro de mama.[13]

Reivindicación como "primeira supermodelo"[editar | editar a fonte]

Dickinson reclama que cuñou o vocábulo supermodelo en 1979, e que ela foi a primeira "supermodelo".[14][15] Porén, a palabra xa era coñecida na década de 1940. A escritora Judith Cass empregou a expresión en 1942 no seu artigo do Chicago Tribune "Super Models are Signed for Fashion Show".[16] En 1943, o autor Clyde Matthew Dessner usouno no seu libro So You Want to Be a Model![17]

Tanto The New York Times, o 21 de marzo de 1967, como The Daily Times de Salisbury, Maryland o 19 de maio de 1967, referíronse a Twiggy como supermodelo.[18]

En 1968, nun artigo de Glamour describiron a Twiggy, Cheryl Tiegs, Wilhelmina, Veruschka, Jean Shrimpton e outras quince modelos como "supermodelos".[19]

A columnista Suzy Knickerbocker describiu a Penelope Tree en 1970 como supermodelo.[20]

O número do 23 de abril de 1971 de The Hour titulou un dos seus artigos como "Supermodels Reveal Their Beauty Secrets", incluíndo un anuncio coa foto "Supermodel Cheryl Tiegs". O artigo tamén di: "O mundo da moda/beleza está salpicado con supermodelos" e "Cybill Shepherd unha supermodelo que pode converterse en superestrela".[21] Jean Shrimpton foi descrita como supermodelo por Time en 1971,[22] igual que Margaux Hemingway por Vogue o 1 de setembro de 1975,[23] Beverly Johnson por Jet en 1977,[24] e Naomi Sims no libro de 1978 Total Beauty Catalog de K.T. Maclay.[25]

Lisa Fonssagrives[26][27][28][29] e Dorian Leigh, cunhas carreiras que comezaron antes de que Dickinson nacese, foron recoñecidas retroactivamente como as primeiras supermodelos do século XX.[30][31] Gia Carangi foi chamada a primeira supermodelo,[32][33] igual que Jean Shrimpton.[34][35][36][37][38]

Escritora[editar | editar a fonte]

Dickinson publicou un libro de memorias detallando os seus "días salvaxes" como supermodelo. Titulado No Lifeguard on Duty: The Accidental Life of the World's First Supermodel (2002), o libro deuna a coñecer a unha nova xeración.[39] A súa continuación de 2004 foi Everything About Me is Fake… And I'm Perfect,[39][40] en que describe a súa vida como modelo, as súas experiencias coa cirurxía plástica e a súa batalla contra a anorexia, a bulimia e o alcoholismo.[40] O seu seguinte libro de memorias, Check Please! Dating, Mating, and Extricating (2006), fala dos home da súa vida, e trata das súas regras para as citas.[41]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. As per Dickinson in Hashish, Amira (1 de marzo de 2011). "Introducing the new Janice Dickinson – what America's top model did". London Evening Standard. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2016. Yes, I turned 56 on February 16.  NNDB en Janice Dickinson profile indica o 15 de febreiro de 1955, explicando: "aínda que Dickinson mantivo en varias entrevistas e na súa autobiografía No Lifeguard on Duty que naceu en 1955, outras fontes dan como data 1953 ou 1954. A maioría dos detalles da súa vida apoian 1955. A súa data de nacemento tamén aparece como 15 de febreiro ou 17 de febreiro". Entre as que dan como data o 17 de febreiro de 1953, está Fashion Model Directory.
  2. "Behind the Cover Girl: Getting Real with Janice Dickinson". CNN. 10 de xaneiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2016. Consultado o 6 de agosto de 2008. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Staff. "Janice Dickinson". Us Weekly. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2007. Consultado o 28 de outubro de 2011. She has two teenaged children, a son, Nathan, and a daughter, Savannah. 
  4. "Ron Levy was married to Janice Dickinson – Ron Levy Dating History". Zimbio.com. Consultado o 7 de abril de 2016. 
  5. "Janice Dickinson". NNDB.com. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 28 de marzo de 2016. 
  6. Schneide, Karen S. (2 de marzo de 1994). "Rocky Ending". People. 
  7. Levitt, Shelley (24 de abril de 1995). "Yo, Angie, Marry Me!". People. 
  8. MacKenzie, Drew. "Dickinson, on the Covers – and Under Them". Daily News. New York City. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2004. Consultado o 24 de setembro de 2006. 
  9. "Janice Dickinson "Couldn't Be Happier" Over Engagement to Dr. Robert Gerner". Us Weekly. 16 de decembro de 2012. Consultado o 28 de marzo de 2016. 
  10. Dr. Robert Gerner profile, healthgrades.com; consultado o 19 de novembro de 2014.
  11. "Janice Dickinson Marries Dr. Robert Gerner in Beverly Hills Ceremony". ET Online. 10 de decembro de 2006. Consultado o 15 de maio de 2019. 
  12. Bueno, Antoinette (18 de novembro de 2014). "Exclusive: Janice Dickinson Details Bill Cosby Sexual Assault Accusations: He Raped Me". Entertainment Tonight. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2016. Consultado o 19 de novembro de 2014. 
  13. Woolf, Nicky (28 de marzo de 2016). "Supermodel Janice Dickinson reveals she has breast cancer" – vía The Guardian. 
  14. Dickinson, Janice (1 de xuño de 2006). "Janice Dickinson". Instinct. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2007. Consultado o 9 de xuño de 2009. 
  15. Dickinson contou a E! True Hollywood Story que o seu representante, dándose de conta que no cumio da súa carreira como modelo ela estaba a traballar demasiado, díxolle: "Non es Superman". Dickinson dixo que lle contestou: "Non son Superman, son unha supermodelo".
  16. Cass, Judith (6 de outubro de 1942). "'Super' Models Are Signed for Fashion Show". Chicago Daily Tribune. p. 21. Consultado o 8 de outubro de 2016. 
  17. Dessner, Clyde Matthew (1944). So You Want to Be a Model!. Halcyon House. 
  18. Popik, Barry (25 de xullo de 2004). "Superman; Superstar; Supermodel". BarryPopik.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2016. Consultado o 8 de outubro de 2016. 
  19. St. James Encyclopedia of Popular Culture (1 ed.). Gale Group. 1999. ISBN 978-1558624009. 
  20. Knickerbocker, Suzy (8 de xullo de 1970). "Smart Set". The Gazette. Montreal. 
  21. D'Arcy, Jeanne (23 de abril de 1971). "Supermodels Reveal Their Beauty Secrets". The Hour. 
  22. "People". Time. 17 de maio de 1971. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2008. Consultado o 16 de xuño de 2009. 
  23. "Vogue cover scan archived from Ebay.co.uk". img.inkfrog.com. 1 de setembro de 1975. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2012. Consultado o 7 de abril de 2016. 
  24. "Words of the Week". Jet Magazine 53 (14). 22 de decembro de 1977. p. 40. 
  25. Maclay, K.T. (1978). Total Beauty Catalog. ISBN 0-698-10835-3. 
  26. Ranck, Rosemary (9 de febreiro de 1997). "The First Supermodel". The New York Times. Consultado o 24 de setembro de 2006. 
  27. Cheesman, Chris (19 de outubro de 2007). "Pictures: Original stills from JFK assassination revealed". Amateur Photographer. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2007. Consultado o 10 de outubro de 2019. Lisa Fonssagrives-Penn, described as the 'world's first supermodel' 
  28. Singh, Anita (13 de novembro de 2008). "Photographs of Angelina Jolie, Kate Moss and Britney Spears for Sale at Christie's". The Daily Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2010. Consultado o 10 de outubro de 2019. Lisa Fonssagrives-Penn ... described as the original supermodel, gracing the pages of Vogue in the 1940s and 1950s 
  29. Johnson, Geoffrey (marzo de 2010). "On the Life and Work of Photographer Beatrice Tonnesen". Chicago. Lisa Fonssagrives, recognized today as the original supermodel... 
  30. Gross, Michael: "Model: The Ugly Business of Beautiful Women", 2003, Harper Paperbacks; ISBN 0-06-054163-6
  31. Scott, Walter: "Parade", page 2, 10 de xuño de 2007.
    "It's absurd. ...The first American supermodel was Dorian Leigh, who worked the late 1940s and '50s."
  32. Vallely, Paul (10 de setembro de 2005). "Gia: The Tragic Tale of the World's First Supermodel". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2008. Consultado o 28 de maio de 2007. 
  33. Carolin, Louise. "Gia – The Tragedy of a Lesbian Supermodel". Diva. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2012. Consultado o 17 de xaneiro de 2008. 
  34. Mansour, David (2005). From Abba to Zoom: A Pop Culture Encyclopedia of the Late 20th Century. p. 430. ISBN 0-7407-5118-2. 
  35. Busch, Charles (24 de xaneiro de 1995). "He's Every Woman". The Advocate: 60. 
  36. Magee, Antonia (28 de outubro de 2009). "Model Jean Shrimpton Recollects the Stir She Caused on Victoria Derby Day in 1965". Herald Sun. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2011. Consultado o 10 de outubro de 2019. 
  37. Cohen, Susan; Cosgrove, Christine (2009). Normal at Any Cost: Tall Girls, Short Boys, and the Medical Industry's Quest to Manipulate Height. ISBN 1-58542-683-0. 
  38. "Jean Shrimpton profile". milesago.com. Consultado o 19 de novembro de 2014. 
  39. 39,0 39,1 "Janice Dickinson profile". AskMen.com. 18 de setembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2008. Consultado o 15 de xaneiro de 2008. 
  40. 40,0 40,1 Dickinson, Janice. Everything About Me Is Fake: And I'm Perfect. Nova York: ReganBooks (2004); ISBN 978-0-06-055469-9
  41. Dickinson, Janice (2006). Check, Please: Dating, Mating, and Extricating, Nova York: ReganBooks; ISBN 978-0-06-076391-6

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]